jueves, 29 de abril de 2021

EPA I trimestre de 2021: en Galicia medra o paro en 15.700 persoas máis e a ocupación diminúe en 21.100 persoas

 

No primeiro trimestre de 2021 a
poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.341.300 persoas, das cales 1.218.100 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 52%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 5.400 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,3 puntos respecto ao cuarto trimestre de 2020.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2020, o número de persoas activas diminúe en 21.700 persoas e a taxa de actividade diminúe 1 punto.

A ocupación diminúe en 21.300 persoas (-1,96 %) no primeiro trimestre de 2021 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.059.800 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,9 puntos neste trimestre, ata o 45,3%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas diminuíu en 23.200 persoas, o que supón unha caída do 2,15% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre diminuíu tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminuíu en 13.300 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2020 e a ocupación das mulleres diminuíu en 7.900 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 1,3 puntos e de 0,6 puntos no caso da feminina.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2020, o número de homes ocupados diminúe en 16.700 persoas (un -2,9%), mentres que o de mulleres ocupadas diminúe nun 1,3%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminúe en todos os sectores. Na industria a ocupación diminúe en 5.800 persoas no primeiro trimestre do ano respecto ao anterior; o sector servizos rexistra un descenso de 5.600 traballadores e traballadoras; na construción, a diminución cífrase en 5.300 persoas e na agricultura e pesca prodúcese unha caída na ocupación de 4.400 persoas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2020, a ocupación diminúe na industria, na construción e no sector primario (-11,7% no primeiro caso, -8,1% no segundo e 2,5% no terceiro), mentres que aumenta un 0,9% no sector servizos.

No primeiro trimestre de 2021 en Galicia había 158.300 persoas en paro, 15.700 máis que no trimestre anterior (11,01 %). A taxa de paro aumenta 1,3 puntos e sitúase no 13%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2020, o número de parados e paradas aumenta en 1.500 persoas (un 0,97 %) e a taxa de paro aumenta 0,4 puntos en termos interanuais.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 74.700 persoas (9.300 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 83.600 persoas (6.300 mulleres máis en paro). A taxa de paro masculina aumenta en 1,5 puntos porcentuais e a feminina en 1,1 puntos, situándose a primeira no 11,8% e a segunda no 14,3%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino aumenta en 2.800 persoas (un 3,9% máis), mentres que o volume de paradas diminúe en 1.300 persoas (un 1,5% menos que hai un ano).

Ourense

A 31 de marzo  en Ourense había 15.000 persoas paradas. 2.000 máis que a 31 de decembro del 2020.

En relación ao primeiro trimestre do ano pasado, a provincia ten agora 1.900 desempregados menos. 

Como consecuencia de estos datos, a tasa de paro medra ao 11,6%, fronte ao 10,3% del 31 de decembro, pero mellora o 13,1% do 31 de marzo de 2020.