martes, 13 de abril de 2021

O Tren laboratorio Séneca toma contacto coa LAV entre Pedralba e Taboadela

 

Hoxe é noticia, que desde logo celebro, a primeira toma de contacto do tren Séneca coa infraestrutura de alta velocidade da LAV entre Pedralba de la Pradería e Taboadela para realizar as probas técnicas. 



Entre outros parámetros, o ‘ Séneca’ comproba a estabilidade e consolidación da vía, o descentramiento da catenaria (distancia horizontal, medida á altura do fío de contacto e no plano paralelo ao de rodadura, que existe entre o eixo da vía e a posición do fío de contacto), a altura do fío de contacto (distancia vertical entre o plano de rodadura do tren, definido polos carrís, e o punto máis baixo do fío de contacto) ou a frecha dos fíos de contacto (distancia vertical medida no centro dun van entre a cota do fío de contacto nese punto e nos apoios anterior e posterior).

Outro dos elementos que se verifican é o sistema de telecomunicacións GSM- R para validar a súa optimización para comunicacións de voz, e máis adiante realizaranse probas de calidade de servizo para a transmisión de datos. Este sistema proporciona servizos de comunicacións de voz como, por exemplo, entre os maquinistas e os reguladores do CRC (Centro de Regulación e Control) e grupos de mantemento. Así mesmo, é utilizado como soporte para a transmisión de datos do sistema de sinalización ERTMS nivel 2. Tamén se verifican funcionalmente os sistemas ERTMS/ ETCS, de xestión e sinalización ferroviaria europea.