domingo, 4 de abril de 2021

Faltan 377 días para a Semana Santa de 2022

Asisto esta mañá ás 12:00 na Catedral de Ourense á celebración da Misa de Pascua, no domingo de Resurrección, e que foi presidida polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, con Bendición Papal ao remate da mesma.

Supón o fin dos actos litúrxicos da Semana Santa. Que outro ano máis debido á situación sanitaria derivada da pandemia, debeu suspender as procesións e a actividade en espazos públicos, polo que os actos litúrxicos realizáronse no interior dos templos, cumprindo coas limitacións de aforo e todas as medidas de seguridade.
Esperemos que 2022, para a que faltan 377 días, traia a normalidade.