O pleno da Deputación de Ourense aprobou máis de 20,6 millóns de euros para a reactivación da provincia na etapa poscovid

Da actualidade política saliento o pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de marzo, celebrado por vía telemática, que aprobou hoxe destinar á provincia máis de 20 millóns de euros (20.676.885 €), unha inxección económica que terá nos concellos os principais destinatarios para a reactivación económica na etapa poscovid.   

Sen dúbida unha moi boa nova, que acredita a boa xestión económica da institución, que preside Manuel Baltar,  no pasado exercicio de 2020 –cun remanente de tesourería de 44 millóns de euros- permite levar a cabo este investimento que terá como protagonistas aos gobernos locais da provincia de Ourense, con importantes achegas nos ámbitos da cooperación cos concellos, acción social, deportes, desenvolvemento empresarial e comercial e cultura.  

Na nota difuundida polo organismo provincuial, da conta de que "no expediente de modificación de créditos, a maior cantidade vai destinada á cooperación cos municipios: ao redor de 8,5 millóns de euros que teñen como beneficiarios a 76 concellos, máis a entidade local menor de Berán, para desenvolver proxectos en infraestruturas viarias, deportivas ou culturais, áreas empresariais, emprego no rural, servizos a dependentes e maiores, eficiencia enerxética, ou iniciativas na prevención de incendios forestais, entre outros. Neste ámbito de cooperación tamén se destinan outros 300.000 euros para seis mancomunidades de municipios. 

 

O apartado de colaboración institucional é outro dos puntos fortes desta modificación de créditos, en particular coa Xunta de Galicia. Así, a Deputación de Ourense achegará 1,5 millóns de euros para o Centro Galego de Innovación da FP; 790.000 euros -o 1 % do orzamento total da Deputación-, para o fondo conxunto de apoio á hostalería; 150.000 euros para o bono turístico; 450.000 euros no marco do convenio asinado coa consellería de Medio Rural para a adquisición de maquinaria destinada á prevención e loita contra os incendios forestais; e outros 53.000 euros para os plans de emerxencia por seca. 

 

O documento económico aprobado hoxe inclúe achegas de 133.000 euros para fomento do deporte; 478.000 euros para acción social; máis de 680.000 euros para cultura; 750.000 euros para desenvolvemento empresarial e promoción comercial; 53.000 euros para o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, ou 169.000 para termalismo. 

 

Por outra banda, a corporación provincial tamén deu o visto bo a unha addenda do convenio coa Xunta de Galicia en materia de emerxencias e prevención de incendios, cunha achega de 224.000 euros que implica a creación de dous novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) na provincia: A Veiga e Maceda, pechando así o mapa provincial de emerxencias cun total de 8 grupos e o servizo supramunicipal de Terras de Celanova. A Deputación de Ourense contribuirá ao financiamento dos GES con 1.062.666 euros. 

 

Tamén aprobou o pleno: unha ampliación do prazo de inscrición nos programas de cooperación cos concellos para a limpeza das marxes viarias, mocidade e empregabilidade; a adhesión da Deputación á Asociación Urbs Regia e ao seu proxecto de Itinerario Cultural Europeo “Orígenes de Europa”; instar ao Goberno central a axilizar as obras de reparación e reapertura do túnel do Folgoso da autovía A-52, e unha moción relativa á loita contra as especies invasoras no territorio ourensán."

Con la tecnología de Blogger.