Onte o Boletín Oficial do Estado publicou senllas resolucións da “Dirección General de Planificación y Evaluación de la Red Ferroviaria” polas que se abre Información Pública correspondente a dous expedientes de Expropiación Forzosa motivados polas obras do "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: “Taboadela-Túnel de Rante" e “Túnel de Rante-Conexión Seixalbo" nos termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas (Ourense).
Esta información pública terá un prazo de 15 (quince) días hábiles, contados na forma disposta no artigo 17 do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os titulares dos bens e dereitos afectados e todas as demais persoas ou entidades interesadas, poidan formular por escrito ante ese Departamento as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto na Lei de Expropiación Forzosa e no artigo 56 do seu Regulamento de desenvolvemento.
Agardamos a pronta licitación das obras destes tramos que non se condiciona por esta información ao publico.