domingo, 14 de febrero de 2021

Os deputados do PP reclamamos a ADIF medidas efectivas para solucionar as constantes incidencias na "liña ferroviaria do Miño" entre Vigo e Ourense

 

O Administrador de Infraestruturas ferroviarias ADIF debe adoptar as medidas necesarias para solucionar os continuos fallos da infraestructura da liña ferroviaria do Miño entre Vigo e Ourense que están afectando a seguridade e a calidade do servizo en prexuizo dos usuarios.

Así o reclamamo os deputados do PP por Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, que mediante iniciativas conxuntas cos representantes populares por Pontevedra formulamos preguntas parlamentarias e solicitaron a comparecencia da Presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferrroviarias (ADIF), Isabel Pardo de Vera, na comisión de Transportes do Congreso, para que informe ao respecto.

Os deputados lembramos que esta semana que remata evidenciáronse aínda máis as enormes carencias e limitacións que ten a infraestrutura desta xa centenaria liña ferroviaria que discorre en paralelo ao río Miño.

Caídas de árbores sobre a  catenaria antes da estación de Arbo,  afundimento da vía na zona de Frieira, Crecente por causa dunha gran focha, etc.

O certo é que esta liña ferroviaria ten uns riscos de desprendementos ou esvaramentos moi altos. Así o acreditaba un recente informe de  INECO sobre a situación da rede convencional de Galicia.

As consecuencias destes incidentes  tan frecuentes, páganos os usuarios do ferrocarril que ven obrigados a ser trasladados no percorrido afectado  por estrada ata Ourense.