martes, 2 de febrero de 2021

Galicia é unha das dúas comunidades na que baixa o paro en xaneiro e lidera a caída pese á pandemia

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xaneiro en 3.603 persoas con respecto a decembro, un -1,90 %. O número de parados queda en 185.984.  

Por sectores, 6.893 son da agricultura, 19.880 da industria, 14.259 da construción, 130.717 dos servizos e 14.235 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia é unha das dúas comunidades na que baixa o paro e lidera a caída pese á pandemia, mentres que no Estado aumenta nun 1,96%. 

Descende por primeira vez nun mes de xaneiro desde 1996 (e baixa nas catro provincias; nas 7 grandes cidades; nos principais sectores económicos;
e nos colectivos prioritarios para a Xunta: mulleres, menores de 30 anos, maiores de 44 anos e nos parados de longa duración.  

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 18.229 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do desemprego do 10,87 %. O paro crece en todas as comunidades autónomas: no Estado (+21,84%) crece o dobre que en Galicia sendo o diferencial de case once puntos.

 Ourense:

Baixa  o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 437 persoas, un – 2,06 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 2.278 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 12,31 %. 

O número de parados queda en 20.781 deles 9.018 son homes e 11.763 mulleres, 19.726 son maiores de 25 anos e 1.055 menores.

Por sectores, 1.071 son da agricultura, 2.232 da industria, 1.554 da construción, 14.068 nos servizos e 1.856 do colectivo sen emprego anterior.