En xaneiro, a Seguridade Social perdeu en Galicia 9.823 afiliados, o que sitúa a tasa interanual no -1,41 %


Galicia: 

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xaneiro en 992.338 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 9.823 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,98 %).


En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 14.168 ocupados (- 1,41 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 765.886 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 207.020 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 19.432 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xaneiro en 100.061  ocupados, cifra que supuxo un descenso de 799 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,79 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 1.799 ocupados (-1,77 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 76.825 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.236 afiliados medios. 

Con la tecnología de Blogger.