Lembrando que fai quince anos Fraga entregou o relevo do P.P. de Galicia a Feijoo


Onte foi día de aniversarios moi reseñables para os que militamos nas filas do Partido Popular de Galicia.

Foto Xoan Soler
Pasaron nove anos do falecemento de Don Manuel Fraga Iribarne e cumpríronse quince anos daquel 15 de xaneiro de 2006, cando se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago o XIII Congreso do PP de Galicia.

Alí eliximos ao ourensán Alberto Núñez Feijóo, como novo presidente do PP galego substituíndo a Manuel Fraga. 

Nese conclave houbo unha forte renovación da dirección do PP de Galicia. Xosé Manuel Barreiro foi elixido vicepresidente, e Alfonso Rueda, secretario xeral. Eu tiven a honra de resultar elixido presidente do Comité de Dereitos e Garantías.

Nesta foto sintetízase a mensaxe daquel extraordinario Congreso que definía unha nova etapa: un líder político indiscutible como Fraga entregaba con afecto a testemuña da dirección do Partido a un ilusionante e mozo político Alberto Núñez Feijóo, que co tempo chegaría a acadar tantas maiorias absolutas nas eleccions autonómicas como  seu mentor, e á presidencia da Xunta de Galicia.

Ao seu lado, como notario de excepción, Mariano Rajoy, que chegaría a ser un magnífico presidente do Goberno de España.

E detrás catro persoas, o ex-presidente Don Gerardo Fernández Albor, o ourensán Roberto Castro, o vigués Jose Manuel Figueroa e eu mesmo.









Con la tecnología de Blogger.