O pasado 30 de decembro o Instituto Nacional de Estatística (INE) deu a coñecer a operación "Cifras oficiais de poboación dos municipios españois: Revisión do Padrón Municipal publica con referencia ao 1 de xaneiro de cada ano, a poboación por sexo a nivel municipal, capitais de provincia, illas,…"
O Padrón Municipal é un rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. A súa formación, mantemento, revisión e custodia corresponde aos respectivos Concellos, quen debe remitir ao INE as variacións mensuais que se producen nos datos dos seus padróns municipais. O INE, en cumprimento das súas competencias, realiza as comprobacións oportunas co fin de emendar posibles erros e duplicidades e obtén para cada municipio a cifra de poboación.
O Presidente do INE, co informe favorable do Consello de Empadroamento, eleva ao Goberno a proposta de cifras oficiais de poboación dos municipios españois referidas ao 1 de xaneiro de cada ano, para a súa aprobación mediante real decreto, declarando así como oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal e procedendo á súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
Segundo estes datos as cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal ao 1 de xaneiro de 2020.
España: 47.450.795 persoas. Respecto ao ano anterior, o padrón aumentou en 424.587 persoas (0,90 %)
Comunidade Autónoma de Galicia: 2.701.819 persoas. Respecto ao ano anterior, o padrón aumentou en 2.320 persoas ( 0,09 %)
Provincia de Ourense: 306.650 persoas, dos que 147.078 eran homes e 159.572 mulleres. Respecto ao ano anterior, a provincia perdeu no seu padrón un total de 1.001 persoas (-033 %)
Concello de Ourense: 105.643 persoas dos que 47.891 son homes e 57.752 mulleres. Respecto ao ano anterior, o padrón aumentou en 410 persoas.