miércoles, 16 de diciembre de 2020

Os senadores do PP presentaron máis de 1.500 emendas aos Presupostos Xerais do Estado, das que máis de 130 corresponden á nosa Autonomía


Hoxe o 
secretario xeral do 
PPdeG, Miguel Tellado, subliñou que o BNG lle debe 400 millóns de euros a Galicia por facer presidente a Pedro Sánchez, que volverá facer oídos xordos ás necesidades dos galegos.

Así se expresaba nunha rolda de prensa acompañado polo senador José Manuel Barreiro e pola deputada Paula Prado na que destacou que, como xa fixeron primeiro no Congreso dos Deputadosos populares tamén presentaron no Senado máis de 1.500 emendas aos Presupostos Xerais do Estado, das que máis de 130 corresponden a Galicia e tratan de evitar a perdade 400 millóns de euros para a nosa Comunidade.

 

O número dous do PPdeG lamentou que os socialistas vaian volver rexeitar, sen diálogo ningún, todas as demandas galegas debido a que Sánchez xa elixiu aos radicais e aos independentistas como compañeiros de viaxenon dará a Galicia os recursos que lle corresponden porque nosa Autonomía non lle dávotos para manterse no poder.

 

Tellado aproveitou a súa comparecencia para agradecer todo o traballo que están desenvolvendo en Madrid os senadores e deputados do PPdeG, un esforzo fundamental para representar os intereses de Galicia e de toda España nas Cortes Xerais do Estado. Nese senso, salientou que os resultados vense especialmente en momentos coma este, no que fixeron un gran traballo corrixindo as gravísimas carencias dos Presupostos Xerais presentados polo Goberno socialista.

 

PEDIR O QUE LLE CORRESPONDE A GALICIA


Pola súa banda, José Manuel Barreiro afirmou que as Contas do Estado para 2021 son un instrumento de maltrato a Galicia, manifestando que a nosa é a Comunidade máis maltratada e isto responde a motivos puramente políticos.

 

“O único que pedimos é que se manteña o que xa estaba comprometido nos anteriores Presupostos do Goberno de Mariano Rajoy”, aseverou mentres remarcaba que os populares seguirán traballando con total intensidade para que a nosa Autonomía reciba o que lle corresponde.

 

Ademais, tras insistir na responsabilidade do BNG neste asunto por apoiar a investidura de Sánchez, tamén indicou que os representantes do PSdeGnas Cortes Xerais deberían aclarar se están a favor dos intereses da Comunidade ou só de deben ao líder do seu partido. Sobre isto, explicou que o feito de que os socialistas galegos no Senado non presentasen ningunha emenda é unha mostra clara de que, lonxe de defender a Galicia, están contentos co maltrato que estasContas lle dan ao noso territorio.