domingo, 27 de diciembre de 2020

Avances notables nas obras da nova estación de autobuses de Ourense e no parking da intermodal

A primeira hora desté domingo de inverno, con temperatura baixo cero para  achegarme ata as obras da nova estación de autobuses integrada na terminal de alta velocidade de Ourense. Tiña estado anteriormente o 5 de decembro, como o acredita unha entrada deste blog.

En 22 días as obras avanzaron moito, tanto nas dársenas, como no edificio, os accesos, etec,  e cada vez é máis posible que a estación poida estar en explotación no primeiro trimestre de 2021.

Estímase que esta nova terminal do barrio da Ponte acollerá arredor de 79.000 expedicións de autobuses ao ano, o que significaría un incremento de máis do 21%, e preto de 400.000 viaxeiros, un 12% máis.

Tamén puiden ver cómo seguen avanzando as obras do aparcadoiro situado baixo a actual praza da estación, e que terá unha superficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302 prazas e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.

Este aparcadoiro subterráneo dará servizo ao complexo intermodal pero tamén ao barrio da Ponte, onde abundan os edificios sen garaxe e falta un espazo de estacionamento de estas características e capacidade.

Estas fotos que fixen acreditan o que afirmo.