O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2020.
Son os seguintes:
España: O paro rexistrado no Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) subiu en 49.558 persoas (1,31%) no mes de outubro en relación co mes anterior.
En termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixa en 46.014 persoas. O paro rexistrado incrementouse todos os meses de outubro desde hai 25 anos. De feito, a subida deste mes en 2020 é a segunda menor nos últimos 13 anos. Por exemplo, en outubro de 2019, o desemprego subiu en 97.948 persoas O total de desempregados e desempregadas é de 3.826.043.
Por sectores económicos, o paro rexistrado redúcese na Construción en 365 persoas (-0,12%). Aumenta en Servizos en 30.624 persoas (1,15%), en Agricultura increméntase en 10.234 persoas (5,75%) e na industria rexístranse 786 persoas máis, un 0,26%.
No colectivo Sen Emprego Anterior increméntase en 8.279 persoas (2,45%).
O desemprego masculino sitúase en 1.622.758 ao subir en 28.067 (1,76%) e o feminino en 2.203.285, tras incrementarse en 21.491 (0,99%) en relación ao mes de setembro. Mantense, por tanto, unha preocupante brecha de xénero.
O desemprego dos mozos menores de 25 anos increméntase en outubro en 16.161 persoas (4,67%) respecto ao mes anterior.
O paro rexistrado baixa en 3 comunidades autónomas: País Vasco (-6.287), Comunidade Valenciana (-3.833) e Murcia (-511) Sobe nas catorce comunidades autónomas restantes con Andalucía (9.506), Canarias (8.207) e Cataluña (6.358) á cabeza en termos absolutos
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia medrou en outubro en 4.733 persoas con respecto a setembro, un 2,68 %. É habitual que en Galicia o paro creza no mes de outubro, polo que continúa a tendencia rexistrada desde 1996 (serie histórica de datos).
Pese á pandemia, o paro crece case dous puntos menos que en outubro de 2019 e o aumento é moi inferior á media de subida dos últimos 12 anos (2008-2019).
O número de parados queda en 181.307.
Por sectores, 6.672 son da agricultura, 19.048 da industria, 13.457 da construción, 125.889 dos servizos e 16.241 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto aoutubro do ano pasado, 17.000 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do desemprego do 10,35 %.
Galicia é a terceira comunidade na que menos aumenta o paro en termos relativos.
Sobe nas catro provincias, nas sete cidades, en ambos os dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores.
Ourense:
Medra o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 769 persoas, un 3,85 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 1.738 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 9,28 %.
O número de parados queda en 20.468 deles 8.740 son homes e 11.728 mulleres, 19.193 son maiores de 25 anos e 1.275 menores.
Por sectores, 1.128 son da agricultura, 2.223 da industria, 1.479 da construción, 13.517 nos servizos e 2.121 do colectivo sen emprego anterior.