Agardando a novembro de 2021 para vover a participar na carreira popular do San Martiño, que este ano nos privou o coronavirus

 

O domingo 17 de novembro de 2019, once mil ourensáns – e eu entre eles – corremos a tradicional carreira popular  do San Martiño.

Onte 15 de novembro estaba prevista a edición de 2020 desta proba, que desgraciadamente por motivo das restricións sanitarias da covid-19 foi suspendida.

En setembro, pensouse en manter a carreira con grupos reducidos e saídas graduadas. Pero tras conversacións entre a xerencia da área sanitaria de Ourense e a alcaldía concluíuse que tampouco será posible esa solución.

Unha decisión acertada, que aceptamos con resignación e deportivamente en aras a evitar contaxios e así preservar a saúde dos nosos conveciños.

Esta mañá corrín en solitario por algún dos tramos do  circuito habitual da carreira: a ponte romana e a ponte do milenio e contrastei, revisando as fotografías dos meus arquivos, a soidade actúal cos xentíos de anos precedentes.

Se Deus quere, o ano próximo volveremos a correr a popular do San Martiño polas rúas da nosa querida cidade.

Con la tecnología de Blogger.