A Seguridade Social rexistra en outubro, 113.974 afiliados máis que en setembro

 

Coñecemos onte que o número medio de afiliados á Seguridade Social situouse en en 18.990.364 persoas en outubro, o que representa un aumento de 113.974 cotizantes respecto a setembro (un 0,60% máis). É o sexto mes consecutivo en que o sistema de Seguridade Social suma ocupados desde o inicio da pandemia da COVID-19.

Como xa ocorrese os dous meses anteriores, o sistema sumou máis mulleres que homes en outubro: contabilizáronse 99.970 traballadoras afiliadas máis este mes, mentres que o número de ocupados homes crece en 14.004. Os homes representan o 53,38% do conxunto dos afiliados.

En termos  desestacionalizados, e corrixido o efecto calendario, o sistema tamén ten un comportamento positivo e rexistrou 45.365 afiliados máis en outubro, un incremento do 0,23% respecto a setembro, ata os 18.951.589.

Doutra banda, en datos acumulados entre o 1 e o 31 de outubro o número de persoas afiliadas á Seguridade Social creceu en 142.555, pechándose o mes en 18.986.284, a pesar da habitual caída rexistrada o último día do mes (-45.569 afiliados o día 30 de outubro).

Respecto a outubro de 2019, o sistema perdeu 439.628 traballadores afiliados. Con todo, a taxa interanual situouse no -2,26%, un índice que mellora os dos momentos máis agudos da pandemia, cando chegou a ser do -4,58%.

 Respecto a setembro

En outubro, o número medio de afiliados rexistrou un aumento de 113.974 ocupados con respecto á media de setembro (0,60%). A afiliación continúa a recuperación que se iniciou en maio tras o primeiro impacto da pandemia da COVID-19 e sobe por sexto mes consecutivo.

En concreto no Réxime Xeral, a afiliación mensual creceu en outubro ata os 15.661.201 ocupados (0,73% máis), 113.669 afiliados máis. Sen os sistemas especiais Agrario, que sumou 2.839 afiliados, e do Hogar, con 3.249 máis, rexistráronse 107.580 ocupados máis, situándose en 14.553.803 traballadores.

A Educación é o sector que máis contribúe ao incremento mensual de afiliados. Este sector rexistrou no Réxime Xeral 135.032 traballadores máis que o mes anterior, un 16,27%. Tamén creceu a afiliación en Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento, con 8.766 afiliados máis (un 3,94%), Administración Pública e Defensa, con 27.084 ocupados (2,44%), Construción, 10.488 (1,22%), e Industria Manufactureira, con 6.826 traballadores máis (0,37%).

En sentido contrario, a diminución máis acusada correspondeu a Hostalería, que rexistrou 85.077 afiliados menos, un -7,10%. Tamén destaca Actividades sanitarias e de servizos sociais, con 15.341 afiliados menos (-0,92%). Agricultura, Gandería e Pesca, con 2.453 afiliados menos, rexistra unha variación de -3,11% este mes.

O Réxime de Autónomos, pola súa banda, contabilizou 3.265.369 afiliados medios, tras un aumento no mes de 1.816 (0,06%), superando as cifras que rexistraba en febreiro, antes da pandemia. O Réxime do Mar contabilizou 62.645 ocupados, 1.482 menos que en setembro (-2,31%) e o do Carbón situouse en 1.149 afiliados medios, 28 afiliados menos.

A maioría das comunidades autónomas sumou afiliados o último mes. Tiveron un comportamento especialmente positivo a Comunidade Valenciana (2,26%), Murcia (1,61%) e País Vasco (1,31%). Soamente tres comunidades perden afiliados: Illas Baleares (-11,79%), Castela-A Mancha (-1,04%) e Estremadura (-0,62%).

No último ano, o Sistema da Seguridade Social perdeu 439.628 afiliados (un -2,26%). En xuño, momento de maior caída da afiliación interanual, chegáronse a restar 893.360 afiliados respecto ao mesmo mes de 2019, cunha taxa interanual de -4,58%.

Murcia, que sumou un 0,76% de afiliados en doce meses, e Castela-A Mancha, cun 0,09%, rexistran un aumento interanual da afiliación. O resto perde afiliados, con particular intensidade en Baleares (-17,64%).

O Réxime Xeral rexistrou 429.445 menos afiliados que en outubro de 2019 (-2,67%). Neste conxunto, integráronse os 10.422 ocupados que restou o Sistema Especial Agrario e os 19.097 do Sistema Especial de Empregados Hogar.

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos, pola súa banda, contabilizou 6.607 traballadores menos que hai un ano (-0,20%). O Réxime do Mar diminuíu en 3.395 ocupados (-5,14%) e o do Carbón decreceu en 180, o que supuxo unha diminución do 13,54%.

 Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado outubro en 1.012.018 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 219 persoas afiliadas respecto ao mes anterior ( 0,02 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 15.432 ocupados (- 1,50 %) 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con 783.272 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 207.941 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.805 afiliados medios.

Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado setembro en 102.522 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 447 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,43 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 1.461 ocupados (-1,40 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con 79.162 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.360 afiliados medios. 

Con la tecnología de Blogger.