sábado, 10 de octubre de 2020

Vendo as obras da nova estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da intermodal ferroviaria de Ourense

 

Hoxe pola mañá visito novamente a estación Ourense-Empalme para ver a evolución das obras de construción da nova estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da intermodal ferroviaria de Ourense.



Puiden ver novos avances tanto na construción do edificio da terminal de autobuses de 700 metros cadrados construidos como das estructuras prefabricadas das marquesinas na área das trece dársenas de operación e das tres de regulación. E nesta mañá estaban levantando o paimento do espazo que era ocupado provisionalmente polo aparcamento de vehículos, sunsto detrás do Centro de Saúde da Ponte.

Tamén constato notables avances, sobre o visto o 8 de agosto, nas obras do aparcadoiro subterráneo onde xa están en marcha os traballos da primeira planchada.

Fixen estas fotos.