EPA III Trimestre de 2020: Con respecto ao segundo trimestre a ocupación en Galicia creceu en 32.200 persoas

Galicia

Difunde hoxe o INE os datos da EPA do terceiro trimestre de 2020, que acreditan que a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en en 2.339.000 persoas, das cales 1.227.400 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 52,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas aumenta en 34.500 persoas, mentres que a taxa de actividade aumenta 1,5 puntos respecto ao segundo trimestre de 2020.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2019, o número de persoas activas diminúe en 21.800 persoas e a taxa de actividade diminúe 1,0 puntos.

ocupación aumenta en 32.200 persoas (3,07 %) no terceiro trimestre de 2020 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.082.600 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta 1,4 puntos neste trimestre, ata o 46,3%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas diminuíu en 23.100 persoas, o que supón unha caída do 2,1% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumentou tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns aumentou en 24.100 persoas respecto ao segundo trimestre do ano 2020 e a ocupación das mulleres aumentou en 8.100 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación masculina de 2,2 puntos e unha suba de 0,6 puntos no caso da feminina.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2019, o número de homes ocupados diminúe en 7.400 persoas (un -1,3%), mentres que o de mulleres ocupadas diminúe nun 3,0%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta en todos os sectores agás na industria. Nos servizos a ocupación aumenta en 25.600 persoas no terceiro trimestre do ano respecto ao anterior; o sector primario rexistra un ascenso de 4.800 traballadores e traballadoras; na construción o aumento cífrase en 4.600 persoas e no sector da industria prodúcese unha caída na ocupación de 2.800 persoas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2019, a ocupación diminúe no sector servizos e na industria (un -3,0% no primeiro caso e un -2,4% no segundo), mentres que aumenta un 3,8% na construción e un 2,4% no sector primario.

En Galicia había 880.600 persoas asalariadas no terceiro trimestre de 2020, 663.800 con contrato indefinido e os 216.700 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 1.800 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido, o que supón un aumento de 0,3 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal tamén aumenta en 28.700 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha subida do 15,3% con respecto ao segundo trimestre de 2020). No que respecta á variación interanual, as persoas con contrato indefinido incrementáronse un 2,9% e as persoas con contrato temporal diminuíron un 11,1%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 24,6%.

No terceiro trimestre de 2020 en Galicia había 144.800 persoas en paro, 2.300 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,1 puntos e sitúase no 11,8%.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2019, o número de parados e paradas aumenta en 1.300 persoas (un 0,91 %) e a taxa de paro aumenta 0,3 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe o paro masculino mentres que o feminino aumenta: o número total de homes parados sitúase en 69.000 persoas (2.800 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 75.900 persoas (5.200 mulleres máis en paro). A taxa de paro masculina diminúe en 0,8 puntos porcentuais e a feminina aumenta 0,6 puntos, situándose a primeira no 10,7% e a segunda no 13,0%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino aumenta en 5.300 persoas (un 8,3% máis), mentres que o volume de paradas diminúe en 3.800 persoas (un 4,8% menos que hai un ano).

No terceiro trimestre de 2020, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 3.900 unidades e sitúase en 53.200 fogares. Respecto ao terceiro trimestre de 2019, esta tipoloxía de fogares increméntase un 6,2%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 2.800 unidades. O número de fogares nesta situación é de 607.800. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 9.700 fogares menos nesta situación, o que supón unha diminución do 1,6% en termos relativos.

Dos 318.700 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 108.200 (o 33,95%) están ocupados, 42.600 (o 13,37%) parados e os 167.900 (o 52,68%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34% no terceiro trimestre de 2020. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 2 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2019 diminúe 6,6 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 28,2% neste trimestre; aumenta 2,1 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co terceiro trimestre de 2019, aumenta 7,9 puntos.

No terceiro trimestre de 2020, o 79,9% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao segundo trimestre de 2020, esta cifra aumenta un 10,2%, mentres que a de mozos e mozas ocupados a xornada parcial diminúe en 1.600 persoas. Con respecto ao terceiro trimestre de 2019 diminúe tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 8.900 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en 11.700 persoas).

Dos 100.100 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 42% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido diminuíu un 2,1% respecto ao trimestre anterior e un 4,8% respecto ao mesmo trimestre de 2019. O número de mozos e mozas asalariados con contrato temporal aumentou un 12,6% respecto ao trimestre pasado e diminuíu un 22,5% respecto ao terceiro trimestre de 2019.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 58,0%.

Se comparamos os datos dos sete grandes municipios galegos, observamos que Lugo e Santiago son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (53,0% e 52,8%, respectivamente) no terceiro trimestre de 2020. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (35,7%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Ourense é o concello de entre os sete grandes con menor valor (9,5%) e Ferrol o que presenta a taxa de paro máis elevada (17,9%).

Ourense

Os datos evidencian 129.200 persoas activas (3.400 máis que no trimestre anterior), o que sitúa a taxa de actividade no 47,93 %.

ocupación sitúase en 115.700 persoas (6.300 máis que no trimestre anterior). A taxa de ocupación foi do 42,9%.

No terceiro trimestre de 2020 en Ourense había 13.500 persoas en paro (2.900 menos que no trimestre anterior) o que sitúa a taxa de paro no 10,5 %

Con la tecnología de Blogger.