Son moitas as entradas deste blog nas que me teño referido a autovía A-56 entre Ourense e Lugo, que só ten un treito en servizo, entre A Barrela e San Martiño, que se abriu ao tráfico a comezos deste mes de outubro tras máis de 10 anos de obras. A súa construción beneficiaría a 250.000 habitantes.
A realidade é que o goberno
socialista non ten vontade de impulsar esta eixe vertebrador do interior de Galicia como o acredita o Proxecto
de Presupostos Xerais do Estado para 2021 na que os demás treitos especialmente
os prioritarios da autovía Ourense-Lugo (A-56) carecen de consignación ou bén
é ínfima.
Hai dous días o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu
aos alcaldes integrantes da Plataforma A-56, dos concellos de Vilamarín, Coles,
Carballedo e Chantada cos que mantivo unha xuntanza, na que tamén participou a
conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Nela os alcaldes trasladaron a súa preocupación pola falta de
avances e compromiso por parte do Goberno de España no impulso dos treitos restantes
desta infraestrutura.
Nesa xuntanza acordouse que promoverase a presentación no Congreso dos Deputados de emendas destinadas a que as Contas do Estado para 2021 consignen os cartos necesarios para acometer as obras dos treitos considerados prioritarios, o intercambiador de Guntín, na provincia de Lugo, e o treito San Martiño-Cambeo, na provincia de Ourense.
Xa adianto que por suposto que o faremos.
No caso do intercambiador de Guntín (Lugo), A-54 y N-540, orzado en 13,2 millóns de euros, contaba
no PGE 2018 con partidas consignadas
para o 2018 e anualidades para os seguintes exercicios 2019 e 2020, que non se
executaron. A pesar diso, no proxecto de
PXE de 2021 desaparece esas partidas.
En no caso do treito Cambeo – San Martiño, de 9,18 qm.- a pesar da importancia deste tramo- xa que daría funcionalidade ao inaugurado San Martiño-A Barrela - no proxecto de PGE de 2021 só recibe a ridícula cifra de 100.000 €
Por suposto emendaremos tamén os tramos
ourensáns de A Casilla-Cambeo, Quintela-
A Casilla e Eirasvedras-Quintela.