sábado, 8 de agosto de 2020

Coñecendo en Sobradelo o magnífico complexo de piscinas naturais no río Sil




O pasado xoves con ocasion da visita a Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) por mor do descarrilamento do tren é a caída de vagons ao río, tiven oportunidade de coñecer de man da alcaldesa Mª del Carmen González diversos atractivos deste pobo.

Así, acompañados polas Conselleiras en funcións de medioambiente e infraestructuras, en primeiro lugar camiñamos polo paseo flotante sobre o río Sil na estrada N-536, cunha lonxitude de máis de 200 metros, vendo un fermoso bosque ao caron do cauce.

E logo finalizamos visitando o magnifico complexo  de piscinas naturais no río Sil.

Fai dous anos, unha crecida do río Sil durante o inverno provocou serios danos nas instalacións e o Concello decidiu apostar por un proxecto completamente novo. 

A antiga piscina olímpica, única na comarca, foi substituída por unha fluvial que aproveitaba a auga dun arroio tratada ademais de forma natural empregando un sistema de depuración a base de plantas filtrantes macrófitas.

Levei unha magnífica impresión deste complexo que é xa un atractivo centro de ocio para os veciños e veciñas de Carballeda, da comarca de Valdeorras e tamén do Bierzo.

Parabéns a alcaldesa María del Carmen González e animo a todos a coñecer Sobradelo.