Neste punto, cualificou de inaceptable e
inxustificado un acordo “entre aspas”, xa que, tal e como indicou, só contou
cos votos a favor dos rexedores socialistas presentes na Xunta de Goberno da
FEMP: “Rompeuse por primeira vez o consenso histórico”. Para Baltar, trátase
dunha imposición do Executivo de Pedro Sánchez que ignora a autonomía
municipal: “Os aforros das entidades locais deben investirse no territorio que
foi quen de xeralos e non que os incaute, confisque e expropie un Goberno que
está atentando contra a autonomía municipal e o municipalismo”.
Asemade, afeou que o acordo ignore aos concellos do
ámbito rural e que non contemple nin un só euro para aqueles que non teñen
remanente e os que teñen débeda.
A INCAUTACIÓN DOS AFORROS DOS CONCELLOS
Desde o Partido Popular, rexeitamos un acordo que
paralizará tanto proxectos municipais como provinciais.
Defenderemos os intereses dos veciños e non imos aceptar que se cambie o interese do municipalismo da noite para a mañá a cambio dun interese partidista.
Reclamaremos o uso dos remanentes, xa que a boa
xestión dos concellos non pode ser incautada polo Goberno central. E non vamos a
permitir que os aforros dos veciños sirvan para cadrar as contas de Pedro
Sánchez pola súa nefasta xestión.
E temos
a intención de presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional e mocións
en todas as entidades locais contra “un furto” que crea concellos de primeira e
segunda.