lunes, 20 de julio de 2020

Tamén o PP de G obtén en Ourense o mellor resultado de toda Galicia no escrutinio do voto dos residentes ausentes

Hoxe tivo lugar na Xunta Electoral Provincial de Ourense o escrutinio dos votos do censo de residentes ausentes (CERA).

Dos 101.403 ourensáns no estranxeiro censados, nestas eleccións, votaron tan só 1.033, un pobre 1,01%.

No censo electoral do INE constaban 2.931 peticións de voto, o que significa que só o 35% dos solicitantes puideron votar finalmente.

Deles 502 electores optaron polo Partido Popular de Galicia (o 48,7 %), polo PSdeG-PSOE 197 e 139 polo BNG.