jueves, 9 de julio de 2020

Feijóo en Ourense: hai que decidir entre xestión ou axitación; escoller unha Xunta que goberna ou a desorganización dun multipartito.


O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo onte aos galegos un voto seguro o vindeiro 12 de xullo ante as incertezas sanitarias, coa ameaza da Covid-19 na economía e o empregoe a posibilidade dun multipartito, cando o que se precisa é estabilidade. Neste sentido, afirmou que os partidos da oposición “pasaron do voto do medo ao medo a votar, pero esa estratexia tamén vai fracasar porque os galegos somos demócratas e teimudos, e votamos cando se nos chama a votar”. 

 

Nun acto electoral celebrado en Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense, Feijóo citou a todos os galegos e galegas a ir votar o vindeiro domingo para escoller entre certezas ou máis incógnitas; para seguir abordando os retos desde o mesmo día seguinte das eleccións ou frearse e ver que pasa entre dez partidos; para decidir entre xestión ou axitación; ou para escoller unha Xunta que goberna ou a desorganización dun multipartito.

 

COLEXIOS ELECTORAIS SEGUROS


Na súa intervención, incidiu que os colexios electorais son lugares seguros, coas medidas de hixiene e distanciamento necesarias, sen ningún perigo de aglomeración e con preferencia en todo momento para os maiores. Así, propuxo un voto seguro, porque se tomaron todas as medidas para poder votar con tranquilidade e porque Galicia conta con xestores con experiencia ante as incertezas sanitarias coa ameaza da Covid-19 e as incertezas na economía e o emprego.

 

Ademais, apuntou que será un voto seguro, porque o voto ao PPdeG converterase nun goberno que vai ter un presidente que se deba só a Galicia. “O meu capital político sodes vós”, salientou Feijóo, quen engadiu que a nosa Comunidade non precisa de ninguén que lle dea a espalda.

 

Neste senso, incidiu en que non quere unha Galicia partida e repartida en partidos, senón unha Galicia que siga traballando conxuntamente; do mesmo xeito que non quere unha Galicia fragmentada en bloques de partidos segundo ideoloxías, filias ou fobias, senón que quere ser presidente dun pobo que se mantén unido. Porque, tal e como indicou, o obxectivo é que Galicia saia gañando o vindeiro 12 de xullo. 

 

XESTIÓN SANITARIA SERIA E NA QUE CONFIAR


líder do PPdeG afirmou que levará adiante o seu proxecto cunha xestión sanitaria seria e na que se poida confiar, continuando coa ampliación das infraestruturas e servizos que permitiron responder ante a pandemia do coronavirus. Así mesmo, avanzou o seu propósito de que toda Galicia saia ganando con medidas en educación, onde se rexistran os mellores resultados de España segundo o informe PISA e defendendo unha selectividade máis equitativa en España; e potenciando o medio rural e os seus sectores produtivos. 

 

COMPROMETIDOS CON OURENSE


“Estamos comprometidos con Ourense”, subliñou Feijóo, quen puxo en valor os investimentos na cidade, tales como a ampliación das infraestruturas sanitarias e os servizos para os maiores e a conciliación; as melloras nos centros educativos e o primeiro centro de Formación Profesional de Galicia; a estación intermodal e a mellora das conexións viarias co polígono de San Cibrao. 

 

“Imos apoiar aos autónomos sempre, e non imos aceptar que se os denuncie nunca”, apuntou Feijóo, quen lamentou que se denuncie á Deputación de Ourense por brindarlles axuda, cando o resto das administracións públicas así o fan. Porén, pediuseguir axudando a este colectivo, que está atravesando o seu peor momento por mor da pandemia.