jueves, 9 de julio de 2020

Unha Galicia con máis igualdade será unha Galicia máis xusta e máis libre

Asisto esta mañá na ourensá praza do Bispo Cesáreo a un acto electoral do PP de Ourense baseado na Igualdade, con participación de representantes de asociacións de veciños.

Foi presentado pola concelleira de Política Social,  Igualdade e  Saúde do Concello de Ourense, Eugenia Díaz  Abella. 

Interviñeron logo tres mulleres: Alba, Natalia e  Zulema  que falaron da súa experiencia como produtora, taxista e árbitro internacional de fútbol, respectivamente.

Pechou o acto a candidata por Lugo e anterior responsable de Igualdade da Xunta, Susana López Abella

Recordou que unha Galicia con máis igualdade será unha Galicia máis xusta e máis libre.