jueves, 16 de julio de 2020

O Goberno ten que tomar as medidas oportunas para garantir que todos os votos emitidos polos residentes no exterior cheguen ás xuntas electorais

O vindeiro luns 20 terá lugar o escrutinio do voto dos residentes no exterior e aínda que o seu resultado non alterará o resultado global das eleccións ao Parlamento de Galicia, é dicir a maioría absoluta de Alberto Núñez, pero si depende a atribución do escano 22 da provincia de Pontevedra, que está provisionalmente asignado ao PSdeG-PSOE, pero tan só por 45 papeletas.

Reterao sempre que por cada voto que obteñan os socialistas o PP de  G non some máis de dous, pois esa é a proporción que separa a ambos na repartición desa acta seguindo as regras da lei d' Hondt.

Lamentablemente nestes días estamos recibindo preocupantes noticias relacionadas con que miles de galegos de galegos e galegas que residen no estranxeiro se quedaron sen poder votar e nin tan sequera puideron realizar o trámite de rogar o voto poder tomar parte dos comicios. Outros moitos fixeron a solicitude pero non lle chegaron as papeletas.

Lembramos que poder votar libre e democraticamente é un dereito de todos os cidadáns.

Durante este proceso electoral, o Goberno galego avisou reiteradamente á Xunta Electoral para que se tomasen medidas especiais ante a situación que se estaba a vivir. Petición de medidas que a JEC trasladou ao executivo central e a sociedade estatal Correos e Telégrafos. 

Á vista dos resultados, cabe preguntarse se o Goberno de España se desentendeu dos galegos do exterior. 

Neste momento, o Goberno central ten que tomar as medidas oportunas para garantir que todos os votos emitidos cheguen ás xuntas electorais antes do luns día 20 para ser recontados, e non volva a haber un novo fallo que o impida.  

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta