En Ourense e Galicia, baixa en xuño o paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2020.

As estatísticas de desemprego continúan marcadas pola parálise na actividade económica derivada da crise sanitaria da covid-19, que a súa vez repercute no mercado laboral galego: 

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 552 persoas, un -2,66 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 2.507 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un incremento do desemprego do  14,20 %. 

O número de parados queda en 20.162, deles 8.759 son homes e 11.403 mulleres, 18.990 son maiores de 25 anos e 1.172 menores.

Por sectores, 1.027 son da agricultura, 2.329 da industria, 1.556 da construción, 13.410 nos servizos e 1.849 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

Galicia remata xuño  con 6.428 parados menos que en maio, o que supón un descenso do  3,36%. O número de parados queda en 184.654 persoas.

O que nos sitúa como a comunidade na que máis baixa o paro neste mes de xuño en termos absolutos e a 2º en relativos, fronte a suba do 0,13% na media nacional. 

O nivel de desemprego segue sendo inferior ao rexistrado en xuño de 2009 (Xuño 2009: 200.240 parados / Xuño 2020: 184.654) .

Os datos consolidan o cambio de tendencia rexistrado no mes de maio no que o paro comezou a diminuír de xeito intermensual.

Hai 18.900 menos que cando comezou esta lexislatura a pesar de que en marzo e abril se destruíron 25.400 empregos, co que agora poderiamos estar falando de 44.300 parados menos en Galicia nesta lexislatura. 

O paro baixa nas 4 provincias e nas sete grandes cidades, nos colectivos prioritarios (mulleres e menores de 30 anos) e en todos os sectores económicos: construción (-5,96%), servizos (-3,91%), industria (-3,68%) e agricultura e pesca (-0,33%). 
 
 CALIDADE NO EMPREGO
 
-A contratación volve subir de xeito intermensual. Firmáronse 23.541 contratos máis que no mes de maio, o que supón un incremento do 76,25%, por riba da media estatal (España: 36,32%). 

- Esta cifra demostra a recuperación do mercado de traballo e, o que é máis importante, medrando a contratación indefinida nun 46,39% e a contratación a tempo completo un 63,51%. 


EVOLUCIÓN ANUAL

Supón 29.405  persoas máis desempregadas. A pesar desta suba (en todas as CCAA sube o paro), o ritmo é moi inferior ao medio estatal, concretamente en máis de nove puntos (Galicia 18,94%; España: 28,09%) o que sitúa Galicia como a terceira comunidade na que se rexistra un menor ritmo de ascenso interanual. 

O desemprego viña diminuíndo en Galicia de xeito interanual nun mes de xuño e encadeaba seis anos consecutivos de baixadas que se ven interrompidos polos efectos da covid-19.

-Sobe nas catro provincias, nas sete cidades, en ambos os dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores. A suba en termos absolutos aparece concentrada no sector servizos (+23.279) o que supón case 8 de cada 10 desempregados e evidencia cal é o sector máis prexudicado pola covid-19. 
Con la tecnología de Blogger.