A Seguridade Social perde nun ano 893.360 afiliados, aínda que aumenta en xuño en 68.208 cotizantes

Hoxe coñecemos que o número de persoas afiliadas á Seguridade Social en España no último día de maio foi de 18.624.337 persoas, o que representa un aumento de 68.208 cotizantes respecto a a media de maio (un 0,37% máis). Rexístrase por segundo mes consecutivo un incremento na cifra de ocupados tras o desplome ocasionado pola pandemia por  COVID-19.

O número de persoas afiliadas á Seguridade Social a día 30 foi de 18.484.270, o que supón que o sistema rexistrou un descenso de 99.906 desde o inicio a final de mes (a maior caída produciuse o último día do mes: -161.500).

Respecto a 2019

Nos últimos 12 meses, o Sistema perdeu 893.360 afiliados (-4,58%). Desta cifra, 847.650 corresponden ao Réxime Xeral, que experimenta un descenso do 5,24%. Ademais, o Sistema Especial Agrario viu diminuír en 27.761 os seus afiliados, mentres que o Sistema Especial Empregados Hogar, en 31.234. O Réxime Xeral conxunto rexistra un retroceso dos cotizantes do 5,24%.

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos, pola súa banda, rexistrou 41.348 persoas menos (-1,26%) en comparación con xuño de 2019. Ademais, o Réxime do Mar diminúe en 4.188 ocupados (6,23%) e o Carbón decrece en 176 afiliados, que supón unha caída do 12,7%.

Respecto a maio

En xuño, o número medio de afiliados rexistrou un aumento de 68.208 ocupados con respecto á media de maio (0,37%), cifra similar á anotada en xuño de 2019 cando se incorporaron 75.584 ocupados. Isto supón que a afiliación se incrementa por segundo mes consecutivo desde o impacto da pandemia por  COVID-19. En marzo rexistrouse un retroceso de 243.469 persoas afiliadas e en abril, de 548.093.

O mes pasado creceu a afiliación mensual en todos os réximes da Seguridade Social, coa excepción do  R.E. do Carbón. O Réxime Xeral, cuxa taxa aumentou de media respecto a maio un 0,28%, rexistrou un incremento de 42.728 afiliados ata os 15.314.801. O  S.E. Agrario, con todo, marcou un descenso de cotizantes do 5,26%, é dicir, 41.596 afiliados menos. Tamén baixou a ocupación no SE Hogar, en 208 persoas (-0,06%). 

Se consideramos o Réxime Xeral en sentido estrito -sen Agrario nin Hogar- anotouse un aumento de 84.532 afiliados (0,60%) que situou o total en 14.190.767.

Por sectores, no Réxime Xeral, destacou o crecemento na Construción, con 40.383 afiliados máis (o que supón unha subida do 5,04%  intermensual; en Comercio, con 26.709 máis (1,15%), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, que suma 22.610 afiliados (1,88%) e Hostalería, con 20.653 afiliados máis (1,82%). A Industria Manufactureira tamén sumou 10.614 afiliados (0,59%).

En sentido contrario, a baixada máis acusada correspondeu ao sector de Educación que perde 45.396 afiliados coincidindo co final de curso, cifra inferior á rexistrada no mesmo mes de 2019. Tamén o  S.E. Agrario rexistra un descenso en 41.596 ocupados que coincide coa finalización dalgunhas campañas agrícolas.

O Réxime de Autónomos contou con 3.245.252 afiliados medios, tras un aumento de 24.345 (0,76%), unha subida que case triplica a correspondente a xuño de 2019 (8.745) e o Réxime do Mar rexistrou 63.082 ocupados, 1.137 máis que en maio (1,84%). Finalmente, o Carbón situouse en 1.201 afiliados medios (-4).

Impacto da  COVID-19

Por último, entre os días 1 e 30 de xuño, o saldo na afiliación foi con todo negativo, con 99.906 afiliados menos, aínda que hai que sinalar que, como se indicou no comezo da nota, a maior perda correspondeu ao último día do mes de xuño: 161.500 afiliados menos. Ata un día antes de acabar o mes a evolución da afiliación mostraba unha progresión positiva.

Se atendemos ao detalle na evolución dos afiliados en xuño (do día 1 ao 30), por actividades económicas, cabe sinalar o comportamento de Comercio (26.998 afiliados máis, un 1,16%), Construción (15.212, un 1,86%) e da Industria Manufactureira (11.057, é dicir, un aumento do 0,62%).

ERTE

En canto aos  ERTE, desde o 30 de abril, é dicir, desde o inicio de maio, saíron 1,56 millóns de afiliados. No último mes, 1,17 millóns de traballadores abandonaron esta situación. Destes, 1,059 millóns de traballadores abandonaron en xuño a situación de  ERTE de Forza Maior.

 

Galicia:


En Galicia volve medrar en xuño por segundo mes consecutivo o número de afiliacións que suman 10.268 cotizantes máis (o 1,05%) ata acadar os 986.642. Cifra que nos posiciona como a terceira Comunidade na que máis medran as afiliacións en termos absolutos.

 

Situándose a un nivel superior ao reflectido hai oito anos (xuño 2012: 946.563) e rexistrando a maior suba intermensual de afiliacións medias nun mes de xuño de toda a serie histórica (desde 2005), tanto en termos absolutos como relativos. 


As afiliacións diminúen un -3,76% nos últimos 12 meses (perdemos 38.550 afiliados), a menor ritmo que no conxunto do Estado (-4,58%)

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de xuño en 100.069 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 923 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,93 %). 

76.693 son do réxime xeral e 23.316 do réxime de autónomos.

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 3.317 persoas (-3,21 %).


Con la tecnología de Blogger.