Asisto onte pola tarde ao mitín do PPdeG en Bande no que falaron os candidatos José Antonio Armada, Miguel Santalices, Marisol Díaz e o presidente provincial Manuel Baltar.
Todos eles coincidiron en a reelección de Alberto Núñez Feijóo, garantirá
unha Galicia fiable, estable e ben xestionada. E animaron a todos aqueles aos
que lles interese Galicia que vaian a votar, aos que lles interese a
estabilidade, a experiencia e seguir traballando xuntos que vaian a votar,
porque votar é o exercicio de maior responsabilidade e de maior compromiso coa
sociedade.
Dixeron que queremos unha Galicia estable que dea confianza para desenvolver proxectos vitais e profesionais, porque cremos que o emprego é a prioridade; queremos un rural do que poder vivir e no que poder vivir; queremos que nos visiten, porque somos unha terra aberta e xeran ingresos e emprego; e queremos unha Galicia que creza, como o fixo nos últimos anos”.
Trasladaron unha mensaxe de confianza porque, logo de superar a crise
económica dos últimos anos, Galicia está máis preparada para facer fronte ao
máis duro da pandemia da Covid-19 e salientaron a estabilidade política que
vive Galicia, na que ano tras ano se aproban os orzamentos da Xunta, se reduce
o déficit e a débeda, e se pagan as facturas aos provedores en menor prazo.
Sinalaron que esa política tan estendida en España que divide aos cidadáns en dous bloques de partidos non e bo trasladala a Galicia, e animaron a votar a todos os que queiran estabilidade, experiencia e que sigamos traballando xuntos.