domingo, 12 de julio de 2020

O PP de G de Feijóo acada a cuarta maioría absoluta

Nas eleccións de hoxe votaron en Galicia 1.315.510 electores (o 58,88 %), en 2016 foran o 53,63 %. A abstención foi do 41,12 %, inferior a de 2016 que foi do 46,37 %.

Finalizado o reconto provisional o PPdeG obtivo o respaldo de 625.182 electores (47,98 %)  o que supón a súa cuarta maioría absoluta en Galicia, con 41 escanos, os mesmos que obtivera en 2016. Con este resultado Feijóo iguala o rexistro de maiorías absolutas de Manuel Fraga. 

O BNG queda en segundo lugar, obtivo 310.137 votos (23,80 %). É a única forza que medra de forma exponencial pasadndo  de seis deputados a 19, trece máis.

O PSdeG-PSOE obtivo  252.537 votos (19,38 %), acada 15 actas e segue de terceira forza no Parlamento.

Nin Podemos-Esquerda Unida-Anova (3,93 %) nin Marea Galeguista (0,22 %) obteñen representación. Tampouco Cs (0,75 %) nin Vox (2,03%).

Provincia de Ourense.

Na provincia de Ourense votaron 156.747 electores 8 (o 60,79 %), en 2016 foran o 48,70 %. e a abstención foi do 39,21 % nferior a de 2016 que foi do 51,30 %.

Finalizado o reconto provisional o PPdeG obtivo o respaldo de 82.514 electores (53,13 %) e acada 8 actas, unha menos que en 2016.

O BNG queda en segundo lugar, obtivo 30.978 votos (19,95 %) acadando 3 actas, dpus máis que en 2016.

O PSdeG-PSOE se siúa como terceira forza, obtivo 30.583 votos (19,69 %) e acada 3 actas. Unha máis que en 2016.

Nin Podemos-Esquerda Unida-Anova (2,15 %) nin Marea Galeguista (0,12 %) obteñen representación. Tampouco Cs (0,98 %) nin Vox (2,01 %).

Concello de Ourense.

No concello de Ourense votaron 48.620 electores (56,49 %), e a abstención foi do 43,51 %.

Finalizado o reconto provisional o PPdeG obtivo o respaldo de 22.044 electores (45,76 %).

O BNG queda en segundo lugar, obtivo 11.442 votos (23,75 %).

O PSdeG-PSOE se siúa como terceira forza, obtivo 10.184 votos (21,14 %).

Podemos-Esquerda Unida-Anova (2,86 %), Vox (2,25 %),Cs (1,93 %), Pacma (0,35 %) ,Marea Galeguista (0,15 %).

Sinalar que a xornada electoral discorreu con absoluta normalidade e seguridade, e compre destacar o gran traballo dos integrantes das Mesas e dos interventores, así como do persoal asignado pola Xunta de Galicia para informar aos electores, ademáis dos membros de protección civil, seguridade, correos, limpeza, etc.

Grazas a todos eles.