Feijóo denuncia un reparto desequilibrado e asimétrico dos 16.000 millóns de en base ao gasto real de cada comunidad autónoma


Onte o Consello de Ministros aprobou a Real Decreto-lei polo que se crea o Fondo  COVID-19 de 16.000 millóns de euros para as comunidades autónomas, co que se financiarán os gastos derivados da pandemia, en especial no sistema sanitario, incrementaranse as partidas en educación, compensarase a caída de ingresos fiscais e garantirase a prestación de servizos públicos esenciais.

A ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, subliñou que este fondo supón a maior transferencia de recursos do Goberno ás comunidades realizada ata o de agora, á marxe do sistema de financiamento, e que se trata dun fondo non  reembolsable: "Non terán que devolver o diñeiro, non vai incrementar a súa débeda pública nin vai xerar intereses a abonar ao Estado español."

María Jesús Montero avanzou que máis da metade do fondo, 9.000 millóns de euros, destinarase a gasto sanitario para reforzar os persoais e os sistemas de saúde co obxectivo de que estean en condicións de actuar de forma temperá ante a aparición de calquera novo brote de coronavirus; 2.000 millóns cubrirán as necesidades do sistema educativo e 5.000 millóns compensarán a caída da recadación dos impostos propios das comunidades e a caída de viaxeiros no seu transporte público.

O fondo, según o Goberno, divídese en catro tramos. O primeiro, de 6.000 millóns, abonarase en xullo e repartirase en función da incidencia do virus nos territorios: ingresos en UCI, pacientes hospitalizados,  PCR totais realizadas, así como poboación protexida equivalente. Tomaranse como referencia os datos ao 30 de abril.

O segundo tramo contempla os 3.000 millóns restantes de gasto sanitario. Repartiranse en base aos mesmos parámetros pero con diferentes ponderacións e ao 31 de outubro.

O tramo de 2.000 millóns reservado á educación abonarase en setembro, coincidindo co inicio do curso escolar. Neste caso, o 80% do importe distribúese en función da poboación de 0-16 anos de cada comunidade, e o 20% restante polo número de habitantes de 17 a 24 anos. É dicir, este 20% vai máis dirixido a cubrir as necesidades da educación universitaria.
O cuarto tramo, dotado con 5.000 millóns de euros dividirase en dous: 4.200 millóns distribuiranse en función de peso da recadación nos anos 2017, 2018 e 2019, cun axuste de poboación; 800 millóns destinaranse a financiar o déficit adicional que sufriu o transporte público autonómico motivado polas medidas adoptadas durante o estado de alarma.
Rexeitamento pola Xunta dos criterios de reparto
A Xunta de Galicia oponse aos criterios de reparto do fondo Covid anunciados onte polo Consello de Ministros porque prexudican a Galicia, xa que se cambian os criterios de reparto utilizados ata agora tanto no reparto do Fondo Covid sanitario de 300 M€ -aprobado en marzo- como no vixente sistema de financiamento autonómico.
No reparto de fondos que se fixo en marzo, a poboación protexida tiña un peso do 80%. 

• Agora redúcese ese peso a menos do 40%, é dicir, menos da metade. E isto  prexudica a Galicia 
porque reduce o peso do avellentamento, que é precisamente a que maior gasto sanitario precisa. 

Polo tanto, a proposta de reparto é totalmente insuficiente para Galicia, tal como xa se lle trasladou ao Ministerio de Facenda na única reunión celebrada sobre este asunto, que tivo lugar a principios de maio con todas as Comunidades Autónomas. Esta posición foi respaldada por outras CC.AA. e reiterada en diversas ocasións polo Presidente da Xunta.

• No reparto do gasto sanitario o Goberno só ten en conta o gasto hospitalario e, polo tanto, non vai ter en conta o gasto por atender a persoas nos seus fogares, polo gasto nas residencias integradas ou polo gasto que afrontou Galicia en atención primaria.

Ademais, Galicia lamenta que este reparto non se decidise no Consello de Política Fiscal e Financeira, que é precisamente o órgano de interlocución creado para abordar estas cuestións. En todo caso, a Xunta agardará a coñecer as cantidades que se lle asignan para poder valoralas.

Con la tecnología de Blogger.