viernes, 26 de junio de 2020

Licitado o contrato de xestión para a explotación da nova terminal de autobuses da intermodal deOurense



A Xunta publica hoxe, na Plataforma de contratos públicos de Galicia, a licitación do contrato de xestión para a explotación da nova terminal de autobuses da intermodal deOurense, por un valor estimado de 1,17 millóns de euros e por un período de 5 anos.  
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe deste novo paso administrativo para avanzar no procedemento para trasladar os servizos e a actividade da actual terminal de autobuses do Pino cara ao novo complexo intermodal da Ponte. Nestes momentos están en proceso de contratación as obras de demolición da actual estación de autobuses, que se iniciarán cando remate a construción da nova estación de autobuses integrada na terminal do AVE. 
O contrato de concesión licitado hoxe inclúe a xestión do servizo público correspondente á nova terminal de autobuses, a xestión e explotacións dos locais e servizos complementarios, das zonas comúns da terminal e tamén a explotación publicitaria. 
As empresas interesadas neste contrato de servizos para a xestión da nova terminal teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o día 23 de xullo. A partir de aí continuarase coa tramitaciónadministrativa necesaria co obxectivo de que a adxudicataria se encargue da explotación da nova terminal a partir de comezos de outono, avanzando no traslado da actividade cara ao novo complexo intermodal. 
Estímase que a nova terminal de autobuses do barrio da Ponte acollerá arredor de 79.000 expedicións ao ano, o que significa un incremento de máis do 21%, e preto de 400.000 viaxeiros, un 12% máis. 
Segundo indicou a titular de Infraestruturas e Mobilidade, ofreceranse máis e mellores servizos aos cidadáns, xa que a nova terminal de autobuses integrada na terminal do AVE, que xa é visible na paisaxe do barrio da Ponte, contará cun sistema que rexistrará todos os datos de actividade que permitirá, por exemplo, informar aos pasaxeiros do tempo estimado de chegada ou saída de cada un dos servizos. 
Esta mañá Ethel Vázquez supervisou no concello de Ourense o funcionamento da tarxeta Xente Novano que desde o pasado día 15 de xuño, ao igual que nos outros 91 municipios da provincia, está en servizo este dispositivo
Con esta tarxeta os menores de 21 anos poden viaxar de balde nos autobuses da Xunta por toda a provincia de Ourense, tamén polos 13 concellos da área de Pontevedra nos que desde o pasado día 15 está en funcionamento a tarxeta, ademais de nas áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo, nos que a Xente Nova está implantada desde o ano 2016. 
Ourense é a primeira provincia na que se implanta, na súa totalidade, a tarxeta Xente Nova, que está a ter unha boa acollida entre os mozos. Desde hai quince días, desde o pasado 10 de xuño que é cando se empezaron a expedir estes dispositivos, distribuíronse un total de 523 tarxetas Xente Nova en toda a provincia. 
Dos novos dispositivos, 241 foron distribuídos a mozos do concello de Ourense, o que supón que máis do 44% do total de  tarxetas Xente Nova emitidas desde o 15 de xuño na provincia.
A tarxeta Xente Nova pode solicitarse, con cita previa, en calquera das 24 oficinas de Abanca habilitadas na provincia, tendo en conta que os menores de idade deben ir acompañados dun dos seus proxenitores. O dispositivo funciona a modo de tarxeta moedeiro e non precisa ter unha conta asociada. Debe ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Estímase que 5.200 mozos da provincia poderán beneficiarse da tarxeta Xente Nova deles, arredor de 2.100 mozos do concello de Ourense. 
Desde o día 15 tamén se pode empregar en toda a provincia a tarxeta TMG, que incide nunha mobilidade segura ao evitar contactos no pago e supón bonificacións no transporte interurbano da Xunta. Neste caso, estímase que sexan uns 108.000 ourensáns os que fagan uso dela.