Os representantes populares no Congreso dos Deputados por Ourense, Ana Vázquez e Celso
Delgado, entendemos que a nova fase de
desescalada que agora se inicia debería ter tamén en conta a un sector
de gran tradición na provincia como son as
pulpeiras, excluídas do retorno á actividade dos negocios dedicados á
restauración e hostalería.

Nesta interpelación ao executivo, sinalamos que as pulpeiras, do mesmo xeito que
outros moitos pequenos negocios, levan dous meses de inactividade, situación
que está a provocar graves problemas económicos a un sector do que viven preto
dun centenar de familias só na provincia de Ourense.
E, subliñamos, cando se fala de familias debe entenderse a todos os
membros, pois son numerosos os casos nos que todos os integrantes dun mesmo
núcleo familiar dedícanse á venda de polbo.
Tendo en conta que desde o pasado 4 de maio abriron de novo as súas
portas os servizos de restauración para levar comida a domicilio, os deputados
ourensáns entendemos que tamén debería incluírse ás pulpeiras nesta desescalada, permitindo o seu regreso á rúas
da capital, vilas e pobos da provincia, adoptando as medidas hixiénicas,
sanitarias e de seguridade necesarias para preservar a saúde dos clientes e
traballadores.
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/05/10/diputados-pp-defienden-vuelta-pulpeiros/2286146.html
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/05/10/diputados-pp-defienden-vuelta-pulpeiros/2286146.html