O Goberno galego e a CCDRR-N acordaron realizar unha petición conxunta aos Executivos de España e Portugal para habilitar máis pasos que permitan o tránsito dos traballadores transfronteirizos e de mercadorías
Nunha pregunta dirixida o Goberno, lembramos que desde o inicio da pandemia só quedaron habilitados de norte a sur de España nove pasos fronteirizos para permitir o transporte de mercadorías ou o desprazamento xustificado de traballadores entre ambos os dous países.
Diciamos que en Galicia son dúas as provincias afectadas. Pontevedra, onde só está aberto o paso de Tui-Valença, un dos seis existentes neste territorio. No caso de Ourense -a provincia española con máis quilómetros de fronteira con Portugal (219)- só está aberto o paso de Feces de Abaixo (Verín) con Vila Verde dá Raia (Chaves).
Lembrabamos que en case dous meses despois a situación de peche persiste, malia que a situación epidemiolóxica da pandemia mellorou notablemente tanto no norte de Pontugal como en Galicia.
E que isto implicaba que por exemplo os veciños portugueses próximos a localidades da Baixa Limia, como Lobios, Entrimo, Lobeira, Bande ou Muiños teñan que dar un gran rodeo para poder entrar por un paso autorizado.
O mesmo sucede con outros concellos ourensáns da Limia como Baltar que linda co luso de Montealegre, así como en Padrenda, Calvos de Randín, Oimbra, Vilardevós, A Mezquita, Riós, A Gudiña e Cualedro, todos eles con pasos fronteirizos –hoxe pechados- cara a Portugal.
O vicepresidente da Xunta sinalou tras o encontro que, dos 27 pasos fronteirizos existentes entre Galicia e o Norte de Portugal, só están abertos o que comunica as localidades de Tui e Valença e entre Chaves e Verín, que están a concentrar máis da metade do tráfico entre España e Portugal desde o inicio do estado de alarma. Aínda que 22 dos pasos corresponden á provincia de Ourense, a maior parte son de pouco tránsito, e a circulación concéntrase nos cinco da provincia de Pontevedra.
No encontro tamén se abordou a importancia dos proxectos do
programa de cooperación transfronteiriza INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP)
2014-2020 e analizouse o traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial
Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), que está a atender as consultas dos
cidadáns da Eurorrexión sobre temas sanitarios e laborais e sobre o peche de
fronteiras e controles fronteirizos.