miércoles, 13 de mayo de 2020

O Goberno debe rectificar e autorizar no BOE a rebaixas nos comercios físicos e non só de modo virtual


O Boletín Oficial do Estado do pasado sábado publicou unha disposición adicional segunda que  dicía que “os establecementos non poderán anunciar nin levar a cabo acciones comerciais que poidan dar lugar a aglomeracións de público, tanto dentro do establecemento comercial como nas súas inmediacións. Esta restrición non afectará as vendas en rebaixa nin tampouco vendas en oferta ou promoción que se realicen a través da páxina web.”

É dicir, si poderá haber rebaixas nas plataformas da internet, pero estes descontos non se trasladarán á tenda física. Unha disposición que provocou un profundo e amplo rexeitamento no pequeno comercio que se incorporaba este luns á actividade despois de case dous meses de peche forzoso.

A improvisación coa que está actuando o Goberno na reactivación económica, e do comercio de maneira especial, queda de novo demostrada con esta decisión unilateral de diferenciar entre comercio electrónico e comercio físico, permitindo facer promocións ao primeiro e negándollas ao segundo.
 
Vemos como absolutamente contraditorio que se establezan condicións diferentes en materia de promoción comercial entre o comercio online e o comercio físico, unha situación que xera incertezas e dúbidas no sector. Máxime cando os comerciantes teñen as tendas cheas de mercadoría de tempada á que teñen que dar saída.

É necesario que o Goberno determine cales son as accións comerciais que se poden levar a cabo –sempre baixo a premisa de garantir a seguridade e a protección da saúde de traballadores e clientela– e, a partir de aí, establecer as mesmas para ambos os dous canais.
 
O Goberno aprobou unha vez máis medidas sen consultar ao sector e sen avaliar as consecuencias da súa decisión, da que o comercio e as CCAA nos tivemos que enterar de novo lendo a letra pequena do BOE.
 
Levamos semanas solicitando un protocolo claro de actuación a nivel estatal para que o comercio poida abrir ao público con plenas garantías e ofrecendo a máxima confianza aos consumidores. Pero decisións como esta última, lonxe de dar confianza a empresas e consumidores, o único que fan é acrecentar a preocupación do comercio galego.

Procede unha inmediata rectificación no BOE - non por medio de comunicados - é que os ministerios de Sanidade e de Industria, Comercio e Turimo coordínense.