Pronto
se cumplirán once años desde que o 2 de agosto de 2009 publiquel a primeira
entrada deste Blog: http://www.celsodelgado.gal
Nel daba
conta da miña participación en Zamora nun Foro institucional impulsado pola
Deputación Provincial e o Concello de Zamora no que debatemos sobre a
necesidade de reivindicar ao Goberno central «a urxente» finalización das obras
do AVE a Galicia por Zamora, e esixir maior investimento. Esta é a ligazón:
Pois ben, desde aquela data e ata o día de hoxe publiquei 5.000 entradas (máis dunha por
día). Ésta que publico hoxe culmina este quinto milleiro.
Desde o primeiro día quixen darlle ao meu
blog un contido fundamentalmente informativo que dese a coñecer o meu traballo como político do Partido Popular e como deputado ourensán no Congreso. E abordando moitos temas, destacando maioritariamente os políticos, económicos, laborais, sociais e de modo destacado os relacionados coas infraestruturas e os trasnsportes.
Sinalar que absolutamente todas as entradas do meu blog foron redactadas persoalmente, sen prexuízo de acudir
a fontes informativas como páxinas oficiais de institucións.
Máis do 75 % das entradas foron publicadas en galego.
Agradezo moito aos seguidores habituais deste blog a súa fidelidade e aos ocasionais tamén.
Espero seguir merecendo a súa atención. Grazas.