domingo, 31 de mayo de 2020

Nas fermosas ribeiras do Río Miño, en Alongos

Nesta fase 2 da  desescalada do estado de alarma pola  pandemia da  COVI-19,  está prohibida a mobilidade interprovincial, de modo que os ourensáns non podemos viaxar ás praias das nosas costas.

Mentres tanto a provincia de Ourense, conta con moitos atractivos naturais para gozar do sol, do aire puro e da paisaxe.

Entre eles están as fermosas ribeiras do Río Miño. 

Onte pola mañá estiven en  Alongos, no  concello de  Toén, onde nun ambiente de gran  traquilidade puiden relaxarme e sacar estas  fotos que acreditan a  belelza do lugar.