Hoxe domingo a provincia de Ourense está en fase 1 pero mañá luns pasa a fase 2 o que supón un alivio nas restricións existentes, entre elas para os lugares de culto relixioso.
Na primeira fase permítese a asistencia grupal, pero non masiva, aos templos sen superar o terzo do aforo, con eucaristías dominicais e diarias.
Na segunfa fase o aforo máximo en igrexas aumenta a un 50% pero insístense nas medidas de seguridade e hixiene nestes espazos pechados.

Recoméndase o uso de máscara con carácter xeral.
Non se permite o uso da auga bendicida nos lugares de culto, como medio de previr o contaxio por coronavirus.
Non se permite a repartición de follas parroquiais nin folletos de ningún tipo.
Estas fotos que acompaño son de dous templos católicos ourensáns que están perfectamente dispostos para celebrar cultos, o Santuario de Os Miragres en Baños de Molgas e a Igrexa de Santiago dás Caldas no barrio da Ponte.