lunes, 6 de abril de 2020

A Xunta de Galicia entregará de forma inmediata 10.000 mascarillas as empresas e profesionais do transporte

Un dos sectores decisivos para o mantemento das actividades esenciais da nosa economía é o de transporte de mercadorías por estrada que move materias primas, equipamentos, produtos alimenticios de todo tipo, medicamentos, manufacturas, combustibles, etc. 

E moi especialmente debemos de valorar a entrega dos condutores que continuaron rodando a pesar de que asumen un alto risco de contaxio, Especialmente nalgunhas obrigadas tarefas de carga e descarga, máxime cando durante moitos días tiveron carencias de equipos de protección individual, fundamentalmente máscaras.

Celebro a nova de que a Xunta de Galicia informara hoxe ás principais federacións de transporte de mercadorías da Comunidade autónoma de que de forma inmediata lles fará entrega dun total de 10.000 mascarillas. 
O material será distribuído, en concreto a Fegatrans-Apetamcor, Fetram e Fegatramer, as tres federacións do sector das mercadorías representadas no Consello Galego de Transportes. 
No seu contacto permanente coa Xunta de Galicia, o sector do transporte de mercadorías vén trasladando a súa demanda de contar con elementos de protección individual para evitar contaxios entre profesionais e garantir a seguridade na cadea de distribución. 
Con esta primeira distribución de 10.000 mascarillas entre os profesionais, a Xunta de Galicia atende a demanda dun sector que está a prestar un servizo esencial destinado a garantir o abastecemento de bens de primeira necesidade á poboación durante o estado de alarma.
 Lembrar que a Xunta de Galicia solicitou ao Ministerio de Transportes o pasado 24 de marzo o establecemento dun protocolo sobre a necesidade de uso e criterios de distribución de mascarillas entre os sectores profesionais deste ámbito. 
En resposta a esta demanda, trasladada tamén polo resto de comunidades autónomas, o Goberno de España iniciou o reparto de mascarillas ás empresas e profesionais do transporte, que se materializa a través das oficinas de Correos. 
As 10.000 mascarillas que distribuirá a Xunta complementan o reparto de material de protección que asumiu o Ministerio de Transportes, de acordo co establecido na declaración do estado de alarma.