Un Domingo de Ramos extraordinario por culpa do Coronavirus

Hoxe é Domingo de Ramos, pero a grave situación de crise sanitaria polo coronavirus COVID-19 obriga a adoptar severas medidas para tratar de frear os casos de contaxio, sobre todo nos países máis afectados, como é o noso.


Unhas medidas que impactan na Semana Santa 2020, cancelándose misas, actos liturxicos e procesións coma a deste domingo.


Lembro agora a do pasado ano 2019 cuando tiven oportunidade de acompañar a un gran xentío de ourensáns que se achegaron ata o Parque de San Lázaro para celebrar o Domingo de Ramos. Despois de que o bispo de Ourense, Don Leonardo Lemos Montanet, bendixera os ramos e as palmas, léronse varias oracións e despois dunhas palabras  partiu a procesión co paso da “Borriquiña” polas rúas ata a Catedral. 


Hoxe as circunstancias obrígannos a seguir as misas, como dixo hoxe o bispo de Ourense, desde as “igrexas domésticas que son os fogares” e grazas á televisión, a radio ou internet. 


Asi puiden ver por internet a misa desde a Catedral de Ourense e por televisión a misa do Papa Francisco, desde unha Basílica de San Pedro en Roma baleira de fieis, pero coa presenza do milagroso crucifixo de San  Marcello, que escapou do lume de 1519 e que foi levado pola xente en procesión para deter a praga da peste.

 Da homilia do Santo Pai destaco estas palabras:


Hoxe, no drama da pandemia, ante tantas certezas que se  desmoronan, fronte a tantas expectativas traizoadas, co sentimento de abandono que nos oprime o corazón, Xesús dinos a cada un: ‘Ánimo, abre o  corazón ao meu amor. Sentirás o consolo de Deus, que che sostén’’

Acompaño esta foto dun ramo de loureiro bendicido esta mañá nunha parroquia de Laza.
Con la tecnología de Blogger.