O Servizo Público de Emprego
Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2020.
Unhas estatísticas que veñen marcadas pola parálise na
actividade económica derivada da crise sanitaria do COVID-19.
Son os seguintes:
Ourense:
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 57 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un incremento do desemprego do 0,30 %.
O número de parados queda en 19.322, deles 8.545 son homes e 10.777 mulleres, 18.238 son maiores de 25 anos e 1.084 menores.
Por sectores, 1.010 son da agricultura, 2.196 da industria, 1.577 da construción, 12.828 nos servizos e 1.711 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia
medra en marzo en 8.252 persoas con respecto a febreiro (un
4,96 %).
Sobe nas 4 provincias, nas sete cidades, en
ambos os dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores, agás o primario,
no que descende o -1,31%. A suba aparece concentrada no sector servizos (+6.619
persoas), onde 4 de cada 5 novos parados proveñen deste eido (sobre todo, na
hostalería, empresas de traballo temporal e comercio).
O número de parados queda
en 174.481, deles 75.507 son homes e 98.074 mulleres,
166.001 son maiores de 25 anos e 8.480 menores.
Por sectores, 5.950 son da agricultura, 19.045 da industria, 14.443 da construción, 121.606 nos servizos e 13.437 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con
respecto a marzo do ano pasado, 3.640 persoas entraron en Galicia nas listas do
paro, o que supón un crecemento do desemprego do 2,13 %.
Sitúase como a Comunidade na que menos sobe o
paro en termos relativos, cun ritmo de suba case 7 puntos inferior que a media
do Estado: Galicia +2,13% / España +9,01%.
A Comunidade viña encadeando seis anos
consecutivos de caída do paro interanual nun mes de marzo. A serie positiva
vese interrompida pola crise sanitaria xerada polo coronavirus. Pero, a pesar
deste contexto internacional, hai menos desempregados que en marzo de 2009, é
dicir, que hai 11 anos.
España:
Ao termo do mes de marzo, o número de persoas rexistradas
no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), ascende a 3.548.312.
Son 302.265 novos demandantes en marzo respecto ao mes de
febreiro. Supón un aumento do 9,31%.
Estes lamentables datos reflicten o impacto
extraordinario no emprego producido pola crise sanitaria do COVID-19. Un episodio que modificou
radicalmente a tendencia na evolución do paro con que se iniciou o mes de
marzo, dado que entre os primeiros 12 días do mes o número de desempregados
rexistrados incrementouse en 2.857 persoas.
O número de persoas paradas nas listas do SEPE incrementouse en 293.228 traballadores
en relación con marzo do ano pasado. Supón un ritmo interanual de aumento do
9,01%.
O desemprego masculino aumenta en 178.967 persoas (crece
un 13,26%) e alcanza un total de 1.528.942 desempregados. O número de
traballadoras en paro increméntase en 123.298 persoas (un 6,50% máis) respecto
ao mes anterior, o que deixa o rexistro de desemprego feminino en 2.019.370
mulleres. O ritmo do crecemento do paro masculino duplica o do feminino.
En termos interanuais, a comparativa con marzo de 2019
indica que o paro masculino sobe en 190.045 (14,19%) persoas e o feminino
increméntase en 103.183 (5,38%).
Respecto ao mes de febreiro, a Agricultura suma 6.520
desempregados máis (+4,26%); o paro sobe na Industria en 25.194 persoas
(+9,15%); en Construción aumenta en 59.551 desempregados (+22,92%). Pero é no
sector Servizos onde se incrementa máis en termos absolutos, con 206.016
(+8,97%) novos rexistrados. Por último, no colectivo Sen Emprego Anterior, o
paro apunta 4.984 (+ 1,91%) novos demandantes.
Respecto a a mocidade, o desemprego de entre menores de
25 anos increméntase en 26.112 persoas (9,99%) en relación co mes anterior,
mentres o paro de 25 e máis anos sobe en 276.153 (9,25%).
O paro rexistrado sobe nas 17 comunidades autónomas.
Andalucía (138.569), Comunidade Valenciana (35.565) e Cataluña (21.833)
encabezan as subidas de desempregados rexistrados nos servizos de emprego.
Recibirá resposta