A crise do coronavirus fai que o sistema de Seguridade Social perda en marzo 833.979 afiliados



Hoxe coñecemos que o número medio de afiliados á  Seguridade Social situouse o pasado marzo en 19.006.760, o que supón un descenso de 243.469 ocupados con respecto a febreiro (-1,26%).



Uns penosos datos, afectados polo enorme impacto da pandemia do coronavirus que empézase apreciar de forma notoria a partir do día 12 de marzo, polo que o dato de afiliación media non reflicte con rigor o ocorrido no conxunto do mes.

É necesario, por tanto, coñecer o dato do último día do mes, xa que expresa con máis fiabilidade, nesta ocasión, a evolución do emprego e a repercusión da crise provocada polo  COVID-19. Ao 31 de marzo, o número de persoas afiliadas á Seguridade Social foi de 18.445.436, o que supón que ata ese día o sistema perdeu 833.979 afiliados.

En canto ao dato medio mensual (o que se facilita habitualmente), o descenso en 243.469 afiliados é o segundo na serie histórica de marzo, só constátase outro dato negativo en 2009 (-54.489). En 2019 nese mesmo período incorporáronse 155.104 ocupados.

De media, o número de mulleres ocupadas alcanzou en febreiro as 8.884.144, o que supón un descenso de 94.621.

Datos medios respecto a 2019

O cómputo interanual da afiliación media arroxa este mes un saldo negativo, -36.817 (-0,19%), o que sitúa o total de ocupados en 19.006.760. O maior retroceso corresponde ao Réxime Xeral, que experimenta unha baixada do 0,21%, o 0,05% sen contar os Sistemas Especiais do Hogar (-14.985) nin o  S.E. Agrario (-25.431).

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos restou 1.562 respecto a marzo de 2018 (-0,05%). O Réxime do Mar baixou en 1.772 ocupados (-2,75%). O Carbón decrece en 323 afiliados, tras un descenso do 20,67%.

O número de afiliados baixou en todas as comunidades autónomas, excepto na Comunidad de Madrid (17.767), País Vasco (7.113), Región de Murcia (6.140), Comunidade Valenciana (5.536), Navarra (3.412) e Cantabria (618). Destacan os descensos en Andalucía (-27.984.), Canarias (-11.063) e Cataluña (-10.719).

Afiliación media respecto a febreiro

A afiliación ao Réxime Xeral descendeu en marzo en 238.801 (-1,50%), o que sitúa o total de afiliados medios en 15.690.350.

En marzo, só aumenta a afiliación en Agricultura, Gandería, Caza, Selvicultura e Pesca con 840 (1,19%) e en Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, que suma 11.767 (0,73%). As maiores caídas rexístranse en Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento, -14.141 (-5,17%); Hostalería, 60.229 (-4,85%) e Construción -39.818 (-4,53%).

Dentro do Réxime Xeral, cabe sinalar que o Sistema Especial Agrario experimentou un aumento de 2.642 afiliados medios, en relación a febreiro (0,35%), o que sitúa o número de ocupados en 749.382. O Sistema Especial do Empregados do Hogar, pola súa banda, baixa en 814 afiliados (-0,21%), polo que agora alcanza os 393.358 afiliados medios.

O Réxime de Autónomos conta con 3.252.517 afiliados medios, tras caer en 5.380 persoas (0,17%). Entre o Réxime do Mar a ocupación aumentou en 772 (1,17%), ata os 62.654 afiliados medios.  Finalmente, o Carbón sitúase en 1.239 afiliados medios (-10).

Por territorios, descenden en todas as comunidades autónomas, salvo en Baleares, onde se incrementa en 10.028 persoas (2,27%). As maiores baixadas corresponden a Andalucía,  con 54.098 afiliados menos (-1,72%), Madrid perde 52.065 (-1,59%), Cataluña retrocede en 41.015 (-1.19%), Canarias, con 19.964 menos (-2,44%) e Castela-A Mancha que baixa en 10.730 (-1,52%).

Impacto do  COVID-19

Sinala o Ministerio que para coñecer como evolucionou o emprego no mes de marzo hai que precisar o ocorrido no primeiros once días do mes, cando o emprego aínda evolucionaba sumando afiliados, en concreto, +64.843 (diferenza entre 19.344.258 do 11 de marzo e os 19.279.415 do 29 de febreiro) e entre os días 12 ao 31 de marzo, cando o saldo na afiliación esborrallouse en 898.822 (diferenza entre os 19.344.258 do 11 de marzo e os 18.445.436).

No Réxime Xeral, a caída foi de 855.081 afiliados (-5,63%), mentres que o Réxime de Autónomos, de 40.877 (-1,25%).

Se atendemos ao detalle, por sectores os maiores descensos (desde o 12 de marzo) rexistráronse en Construción (-17,08%), Hostalería (-14,27%), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (8,91%), Educación (-5,24%), Transporte e Almacenamento (-4,76%). En Actividades Sanitarias creceu en 7.085 afiliados.

En canto ao tipo de contrato, destaca con gran diferencia a caída da afiliación nos contratos temporais, un 17,30%; o descenso na ocupación ligada a contratos indefinidos é do 1,92%.

Por comunidades autónomas, Andalucía (-6,64%) Canarias (-6,24%), Región de Murcia (-5,07%) e a Comunidade Valenciana (-5,75%) rexistran os descensos máis acusados.

Os datos de afiliación inclúen aos  afectados polos Expedientes de Regulación de Temporal de Emprego (ERTE) polo  COVID-19, que se cifran en 258.645 relacións laborais.

Galicia:

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no pasado mes de marzo acadou a cifra de 1.002.624 para o total do sistema, o que supón unha diminución respecto ao pasado mes de febreiro de 2020 de 9.730 afiliacións (-0,96%).

Todas as provincias amosan datos negativos, producíndose a maior baixada en Pontevedra (-1,23%).

Na comparativa interanual (marzo de 2020 con marzo de 2019) obsérvase unha diminución de 1.781 afiliacións no total do sistema en Galicia (-0,18%). A crise sanitaria racha a evolución positiva das afiliacións tras case seis anos de subas interanuais.


O número medio de afiliacións á Seguridade Social diminuíu con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas, agás en Pontevedra. Pontevedra é a provincia que presenta o maior incremento interanual nas afiliacións cunha taxa de variación do 0,03%, o que supón 121 afiliacións máis, seguida de A Coruña (-0,20%), Ourense (-0,25%) e, por último, Lugo (-0,65%). 


Como consecuencia da pandemia do coronavirus, cuxo impacto comeza a apreciarse de forma notoria a partir do día 12 de marzo, é preciso sinalar que o dato de afiliación media non reflicte con rigor o acontecido no conxunto do mes.

Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado marzo en 101.351 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 2.362 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-2,33). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 251 ocupados, (-0,25 %). 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.