Onte a Mesa do Congreso dos Deputados acordou na súa reunión dedicar tres millóns de euros procedentes dos seus remanentes orzamentarios de anos anteriores á conta aberta polo Tesouro Público para financiar os gastos ocasionados pola emerxencia sanitaria do Covid-19, e propuxo destinar a mesma cantidade con cargo ao fondo das Cortes Xerais.
A presidenta do Congreso dos Deputados, Mertitxell Batet, solicitou un estudo aos servizos xurídicos da Cámara relativo ás solicitudes para a asignación de recursos para contribuír ao financiamento dos gastos ocasionados polos gastos ocasionados pola emerxencia sanitaria.
Neste informe, os servizos xurídicos da Cámara refírense tamén aos escritos presentados ante a Mesa polo Grupo Parlamentario Euskal Herria Bildu e o deputado Joan Baldoví, para solicitar que non se abone a cantidade destinada á indemnización aos deputados para o exercicio das súas funcións durante a vixencia do estado de alarma; polo Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú-Podem-Galicia en Común para que se reduza o 50 por cento de todos os conceptos retributivos neste período; e outras solicitudes similares formuladas á presidenta polos deputados Mireia Vehí e Albert Botrán.
Sobre estas propostas, o informe xurídico aclara que a indemnización aos deputados polo exercicio das súas funcións “é un dereito do deputado, non unha obrigación, e ten como finalidade garantir o dereito constitucional a acceder e permanecer en condicións de igualdade nas funcións e cargos públicos, establecido no artigo 23.2 da Constitución.”.
“O que si constitúe unha obrigación, prevista no artigo 8.4 do Regulamento do Congreso, é o deber da Mesa da Cámara de dotar orzamentariamente cada ano a contía total das percepcións dos deputados e as súas modalidades” prosegue, con independencia “da libre vontade de de os deputados de renunciar expresamente á súa indemnización de gastos por exercicio da súa función”.