jueves, 26 de marzo de 2020

Sobre a ampliación de zonas de acceso da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre Pedralba de la Pradería e Ourense

Publica hoxe o BOE o anuncio de ADIF-Alta Velocidade polo que se somete a Información Pública, a efectos de expropiacións, o "Proxecto Básico de ampliación de zonas de acceso da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre Pedralba de la Pradería e Ourense".

En cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954 e artigos concordantes do seu Regulamento (decreto do 26 de abril de 1957) ábrese un período de información pública de quince días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia, co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.