domingo, 29 de marzo de 2020

In memoriam de Dositeo Rodríguez, un dos “Bos e Xenerosos”

Praza do Obradoiro en 2001, na toma de posesión de Manuel Fraga
Esta semana o maldito coronavirus levou un dos “Bos e Xenerosos”, Dositeo Rodriguez, un gran servidor de Galicia, unha persoa leal e traballadora.

Naceu na fermosa localidade lucense de San Clodio, no val de Quiroga. Estudou Dereito e obtivo a praza de interventor de Facenda en Oviedo, do mesmo xeito que despois en Lugo. Foi tamén xerente da Universidade de Santiago. Manuel Fraga nomeouno conselleiro de Presidencia da Xunta e permaneceu no cargo durante nove anos (1990-1999). Tamén formou parte do Parlamento de Galicia desde 1993 ata 1999.

Coñecín persoalmente a Dositeo en 1997 con ocasión da miña entrada na política autonómica e a pertenezca a nos Cámara onde en ocupaba a Vicepresidencia primeira do Parlamento de Galicia.

Sempre me pareceu unha excelente persoa de gran capacidade, paciencia e educación; de extraordinaria confianza do presidente Fraga e unha referencia de solvencia e seriedade para as persoas máis novas que iniciabamos a andadura política. En 1999 o PP de G quixo que Dositeo optase á alcaldía de Santiago de Compostela, non o conseguiu pero permaneceu como concelleiro ata 2006. 

2002 nos preparativos do XI Congreso do PPdeG
Publica hoxe o xornal “El Correo Gallego” un estupendo artigo asinado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo , titulado “ A Dositeo e a todos os que nos arrebataron antes de tempo”, cuxa lectura recomendo e do que me permito reproducir dous párrafos por canto di exactamente o que eu pensaba de Dositeo.

“ Dositeo fue sinónimo de razón, de cautela, de mesura, de acuerdo. No le faltaba pasión pero eligió para sí mismo la misión de cimentar el autogobierno en una administración sólida y profesional, capaz de resistir cambios y vicisitudes. Antes ya había desplegado esas virtudes en la u-niversidad y más tarde lo haría en la política local compostelana tejiendo consensos con adversarios que admiraron su talante. 

Figuras como las de Dositeo Rodríguez explican las etapas políticas fecundas y, sin embargo, suelen olvidarse, en parte por su afán de discreción. Rescatar de los archivos un primer plano suyo es una tarea imposible. Está abonado a un segundo término, como si quisiera abandonar la escena de inmediato para acudir a trabajos que no requerían popularidad sino constancia. Que no se confunda, sin embargo, esa alergia a los reflectores de la política con un carácter huraño que lo alejara de la gente. Al contrario, Dositeo era una persona exultante y afable que se prodigaba en acontecimientos sociales. Yo siempre lo vi como un hombre feliz y así lo quiero recordar.” 

https://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/alberto-nunez-feijoo-dositeo-todos-han-arrebatado-antes-tiempo/idEdicion-2020-03-29/idNoticia-1238452/

Descanse en paz e o meu máis sentido pésame á familia e amigos.