lunes, 23 de marzo de 2020

Grazas as empresas do sector da distribución alimentaria polo seu enorme esforzo en circunstancias tan extraordinarias

No contexto que vivimos da pandemia de coronavirus  COVID-19 os grandes heroes son en primeiro lugar os que traballan no eido sanitario en condicións moi complexas. A eles todo o meu maior agradecemento.

Dito o anterior quero recoñecer hoxe o extraordinario papel que están a desempeñar as empresas do sector da distribución alimentaria e de bens de gran consumo e primeira necesidade.

Estamos a constatar que España conta cunha das distribucións alimentarias máis eficientes de Europa e cun equipamento preparado para facer fronte a situacións extraordinarias, como a que estamos a padecer.

A gran capilaridade e eficiencia da distribución, que conta con preto de 400 plataformas loxísticas repartidas de forma equilibrada por todo o país, está a permitir abastecer unha rede de establecementos de alimentación formada por máis de 24.300 tendas entre supermercados e hipermercados e 30.000 do comercio tradicional.

É moi de agradecer o seu  compromiso coa sociedade española e todas as súas autoridades, para garantir o abastecemento alimentario e de produtos de primeira necesidade nestas circunstancias excepcionais.

Hoxe confirmamos que estamos ante un sector esencial, cuxo servizo debe ser protexido ante calquera circunstancia e cuxas infraestruturas na súa cadea de valor -plataformas loxísticas, almacéns, medios de transporte, centros de produción e todos os establecementos abertos ao público- deben considerarse críticas.

Moitas grazas a todos os executivos, directivos e traballadores destas empresas: repoñedores, caixeiros, carretilleiros, transportistas, loxistas, proveedores, limpiadores, persoal de mantemento, seguridade e un longo etc. que contribúen co seu enorme traballo e dedicación a que podamos abastecernos normalmente, dentro das excepcionais circunstancias que vivimos.