ADIF rectifica e manterá a venda presencial de billetes nas estacións de Ribadavia, O Carballiño, Sarria e Guillarei


O BOE do 5 de marzo publica un anuncio de formalización de contratos de ADIF – Presidencia, que ten por obxecto o servizo de información, atención ao cliente, venda de billetes e servizos básicos e complementarios das estacións de Astorga,  Guillarei, O Carballiño,  Peñaranda de  Bracamonte, Puebla de  Sanabria, Ribadavia,  Sahagún, Sarria e Viana.

Determínase como data de adxudicación a do 27 de xaneiro de 2020 e como adxudicataria a  ILUNION  OUTSOURCING SA., sendo o valor da oferta seleccionada a suma de 618.204,00 euros. O  prazo de execución do contrato é de doce meses.


ANTECEDENTES

Lembramos que poucos días antes de finalizar o pasado ano 2019 RENFE informou que deixaría  a partir do día 31 de decembro de realizar esa actividade, nas estacións do Carballiño e Ribadavia en Ourense. a de Sarria en Lugo e a de  Guillarei  en Pontevedra, ademáis de en outras. En consecuencia aos usuarios do ferrocarril obrigábaselles a comprar os billetes en máquinas  autoventa  ou  na oficina de Correos.

Esa decisión de pechar nas estacións o servizo presencial de venda de billetes prexudicaba claramente o mantemento dos servizos de calidade e proximidade aos cidadáns no rural, e incidía na deterioración crecente dos servizos ferroviarios. Por iso foi inmediata a reacción contraria a esta medida por parte da Xunta, o Partido Popular, os concellos e por suposto os usuarios e os medios de comunicación. Esta reacción produciuse tamén a nivel de toda España, por exemplo na veciña Comunidade de Castela-León.

Ante esta protesta, RENFE o 2 de xaneiro de 2020  emitiu un comunicado “garantindo a venda presencial en todas as estacións nas que  Adif viña desenvolvendo a actividade ata a data “, pero condicionándoa a “que dispoñan dunha media diaria superior a 100 viaxeiros e un volume determinado de vendas en despacho de billetes”. E que “para todas as estacións Renfe habilitará máquinas autovenda”

Esta rectificación resultou de xeito evidente insuficiente, debido a que seguía deixando fóra de cobertura á maioría de estacións galegas que non chegaban aos “mínimos” decididos por RENFE.  As protestas continuaron.

Houbo que esperar ata mediados do presente mes para que o  MITMA, dese instrucións a RENFE e ADIF para que se rescatase “polo menos ata o 31 de marzo a venda de billetes nas estacións”.

Agora, en relación coas estacións de Astorga,  Guillarei, O Carballiño,  Peñaranda de  Bracamonte, Puebla de  Sanabria, Ribadavia,  Sahagún, Sarriá e Viana, hay unha correcta rectificación que celebramos.



Con la tecnología de Blogger.