Analizando a situación dos principais proxectos de investimentos de Infraestruturas da Xunta e do Estado en Galicia

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, participou este domingo na Comisión de Infraestruturas da organización xunto coa súa presidenta, María Ramallo, e a conselleira Ethel Vázquez. 

Nela estiven e analizamos a situación dos principais proxectos de investimentos de Infraestruturas da Xunta e do Estado en Galicia.

Logo en declaracións aos medios de comunicación, Tellado aseverou que o Goberno Sánchez “desprezou todas as infraestruturas clave para Galicia”.

O número dous dos populares galegos lembrou que os socialistas seguen sen aclarar os prazos de finalización das obras do AVE, logo de terse confirmado xa o retraso sobre a última data oficial. Así, tamén expresa as súas dúbidas arredor de que a alta velocidade estea dispoñible para o Xacobeo do ano que vén. 


Do mesmo xeito, tamén denunciou que este Executivo tamén está a amosar unha estratexia de desmantelamento dos servizos ferroviarios da nosa Comunidade, como demostran os constantes problemas da liña Vigo-Ourense-Monforte-Valdeorras ou a decisión de acabar coa venda presencial de billetes en ata oito estacións galegas.

Ademais, Tellado tamén fixo alusión á decisión do Ministerio de Transportes de poñerse “do lado de Audasa, e contra os usuarios da AP-9” no xuízo polo pago da peaxe durante os atascos provocados polas obras.
Con la tecnología de Blogger.