Aprobada a licitación dos proxectos de mellora de infraestrutura e vía no tramo Covas – Monforte de Lemos

Onte informaba  Adif, que procedeu a aprobar  a licitación dun contrato para a redacción de proxectos de mellora de infraestrutura e vía no tramo Covas – Monforte de Lemos, pertencente á liña de ancho convencional León-A Coruña.

O tramo formará parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León.

Dan conta nunha nota de que "o contrato, cun orzamento de licitación de 3.365.366,12 euros (IVE incluído), comprende o estudo e posterior redacción de proxectos de mellora, en caso necesario, de desmontes, terrapléns, pontes, túneles e obras de drenaxe, así como a renovación de elementos de vía do tramo Covas-Monforte, dun 85 km de lonxitude.

Actuacións

-Desmontes e terrapléns: analizaranse os problemas detectados (esvaramentos, asentos, etc.) e proxectaranse as solucións para os puntos onde sexa necesario actuar.

- Pontes: efectuarase a inspección de todas as pontes do tramo e proxectaranse as medidas de actuación necesarias.

- Túneles: analizaranse os problemas detectados (mal funcionamento de drenaxes, mal estado do revestimento ou dos noiros nos  emboquilles, etc.) e proxectaranse as solucións necesarias. Ademais realizaranse estudos de  gálibo para comprobar que as estruturas se axustan á normativa actual, analizándose posibles ampliacións de sección se fosen necesarias.

- Drenaxes: análise das obras de drenaxe e proxectos de solucións onde fosen necesarias.

- Renovación de vía en todo o tramo:

- renovación do  balasto en mal estado e achega nos casos necesarios para substitución de travesas.

- substitución de travesas por travesas polivalentes.

- renovación de aparellos de vía.

- substitución de carril.

Con la tecnología de Blogger.