viernes, 17 de enero de 2020

Novos servizos de transporte interurbano entre a cidade de Ourense e o polígono de San Cibrao das Viñas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, destacou hoxe que os novos contratos do Plan de Transporte Público de Galicia aumentan nun 50 % os servizos de autobús interurbano entre Ourense Polígono de San Cibrao das Viñas.

Vázquez Mourelle comprobou hoxe ‘in situ’ este incremento de servizos, realizando o percorrido de autobús dende Seixalbo ata o polígono, no marco dunha ruta que se inicia na estación de autobuses de Ourense e continúa ata o Parque Tecnolóxico de Galicia. Eu fixen tamén esta ruta.

Indicou que estes contratos, que comezaron a funcionar o 8 de xaneiro, atenden as solicitudes dos empresarios, ao aumentar as frecuencias, adecuar os horarios ás entradas e saídas dos traballadores, habilitar máis paradas e dar máis servizos á poboación da área.

Concretou que os novos servizos incrementan en catro as rutas de transporte interurbano entre a cidade de Ourense e o polígono, pois agora son 14 fronte ás 10 que había antes. Engadiu que tamén se suman 10 expedicións máis, ata chegar ás 31 en días laborais.

Precisou que a estas vantaxes se suman os bonos mensuais para 50 viaxes que xa están en vigor e que supoñen unha rebaixa do 30% no prezo do billete.

Apuntou que na liña de diálogo e colaboración co sector empresarial, a Xunta está avaliando outras expedicións e paradas solicitadas, que se atenderán se hai demanda.

Recordou que o Executivo autonómico está contribuíndo á modernización das infraestruturas e ao fomento da mobilidade, a través da construción da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense, que estará á disposición dos usuarios neste verán.

Sinalou que tamén se segue avanzando no Plan de mellora de refuxios, coa instalación de marquesiñas en zonas urbanas e rurais para mellorar as paradas nas liñas de transporte interurbano. Puxo como exemplo a marquesiña recentemente colocada en Seixalbo.

Lembrou o investimento de case 22 millóns de euros que está a realizar o Goberno galego na nova conexión que unirá o polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52, cuxa posta en servizo se prevé para mediados de ano, pois o grado de execución actual supera o 70%.

Tarxeta Xente Nova

A conselleira tamén adiantou esta mañá que na vindeira primavera, preto de 20.000 mozos ourensáns, menores de 21 anos, poderán comezar a beneficiarse da gratuidade das viaxes no autobús interurbano grazas á tarxeta ‘Xente Nova’.

Salientou que Ourense e arredores será unha das primeiras zonas beneficiadas da ampliación do emprego da tarxeta ‘Xente Nova’ ao conxunto da comunidade.

Lembrou que ao longo da primavera tamén se poderá comezar a utilizar a tarxeta TMG, que permitirá ampliar o abano de bonificacións