martes, 3 de diciembre de 2019

Baixa en Ourense en novembro o paro rexistrado, pero medra en España e Galicia

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2019.

No conxunto de España o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 54.683 persoas nos últimos doce meses, un ritmo de descenso interanual que se sitúa este mes no 1,68%.

Ao finalizar o mes de novembro contabilizáronse 20.525 desempregados máis en relación co mes anterior. Así, o número de parados sitúase en 3.198.184 persoas. En termos  desestacionalizados, o paro sobe en 4.113 persoas.

É o novembro máis negativo desde 2016 cando o número de desempregados subiu en 24.841 persoas e o peor dato para o emprego desde 2013.

O desemprego masculino contabiliza 1.317.686 persoas, ao subir en 13.549 (1,04%) e o feminino en 1.880.498, ao incrementarse en 6.976 (0,37%) en relación ao mes de outubro.

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos redúcese en novembro en 704 persoas (-0,26%) en relación co mes anterior. Entre os que teñen 25 e máis anos o paro increméntase en 21.229 (0,73%).

O paro rexistrado baixou, respecto a outubro de 2019, en 5 comunidades autónomas e a cidade autónoma de Ceuta, principalmente en Comunidade Valenciana (-3.807), Madrid (-2.855), e País Vasco (-1.564) e Castela – A Mancha (-1.228). Sobe, pola contra, nos doce restantes, encabezadas por  Illes  Balears (11.557) e Andalucía (7.501).


Por sector económico de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en relación con outubro en Agricultura en 1.715 persoas (-1,15%); en Industria baixa en 607 (-0,23%); en Construción increméntase en 1.738 (0,68%); en Servizos sobe en 23.934 (1,07%). Por último, redúcese o colectivo de Sen Emprego Anterior en 2.825 persoas (-1,04%).

Ourense:

Baixa en novembro o paro rexistrado en 193 persoas (-1,03 %) en relación ao mes anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 928 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,77 %.


Por sectores, 1.098 son da agricultura, 2.101 da industria, 1.407 da construción, 12.134 dos servizos e 1.797 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en novembro en 1.352 persoas con respecto a outubro (un 0,82 %). Este aumento rexistrado segue a tendencia dun mes de novembro de toda a serie histórica, xa que desde que hai rexistros en 1996 sempre aumentou de xeito intermensual (agás no ano 2005). De feito é o terceiro menor incremento.
 
O número de parados queda en 165.569 (
hai once anos, en novembro de 2008 había 180.820 parados)

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 4.710 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 2,76 %. 



Por provincias, na evolución anual, Ourense liderou a caída (-4,77%), seguida de Pontevedra (-2,92%), A Coruña (-2,41%) e Lugo (-1,23%). Por sectores, destacou a baixada na construción (-7,32%), seguida da agricultura e a pesca (-5,12), da industria (-4,68%) e do sector servizos (-1,48%).

Con respecto aos colectivos que máis dificultades teñen para atopar un traballo, descendeu nun -1,91% entre os menores de 30 anos; nun -7,02% nos parados de longa duración; e nun -2,49% nas mulleres.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta