lunes, 9 de diciembre de 2019

La Voz de Ourense celebra 50 anos de vida cunha exposición na rúa do Paseo

"La Voz de Galicia" celebra en 2029 o seu primeiros cincuenta anos na nosa provincia e para conmemorar este importante fito, inaugurou hoxe na rúa de Paseo unha exposición que serve de repaso aos principais acontecementos  deste lustro.

Alí estiven a acompañar aos traballadores da delegación de Ourense encabezados por Ruth Novoa: xornalistas, fotógrafos, comerciais, etc, a moitos ourensáns soados e a representantes provinciais e locais, do ámbito empresarial social, deportivo, cultural e tamén do mundo político.

Nesta exposición, aberta na nosa rúa máis transitada, os ourensáns poderán lembrar - vendo as portadas dos xornais de diferentes datas-  sucesos, acontecementos, fazañas deportivas, etc. da nosa recente historia con fotografías de gran calidade dos seus protagonistas.

Unha desas portadas dá conta de como o 11 de xuño de 1980, os ourensáns sobresaltabámonos coas primeiras informacións que se coñecían sobre un intento de secuestro do gran empresario de Coren e político da UCD, Don Eulogio Gómez Franqueira.  Con gran valentía no seu domicilio de  Razamonde facía fronte a un comando terrorista vinculado a ETA que pretendeu  llevarselo da  súa vivenda. Tivo a determinación Franqueira de defenderse a tiros coa súa pistola e ferir ao terrorista.

Hoxe tiven a oportunidade de fotografarme coa súa neta, Maria Gómez Franqueira ao pé do panel onde se presenta esta portada.

Parabén á Voz de Ourense, e que cumpra moitos máis informando os ourensáns.